Hoxe, 27 de febreiro, volvemos conectarnos cos nosos socios americanos do proxecto "Dos Orillas". Desta volta, falamos das celebracións do mes de febreiro dun e doutro lado do Atlántico que estivemos recopilando nun padlet: o Groundhog Day ou Día da Marmota, San Valentín, o Entroido e o Día de Rosalía. Despois competimos nun Kahoot a ver quen sabía máis de todas as celebracións comentadas. E sabedes quen quedou no podio? Pois Rita conseguiu a primeira posición e Héctor quedou no segundo lugar. O terceiro posto foi para Domingo de Miami.