1ª CHARLA "SANA HOXE, VIVE MAÑÁ"

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º asistiu no colexio a unha charla impartida pola nutricionista Goretti Tuñas sobre alimentación. Está dentro da liña Edu- Saúde do Contrato Programa CP INNOVA. Constou dunha primeira parte cunha proxección no salón de actos e dunha segunda con xogos no pavillón. Tratou sobre a historia da alimentación dos humanos, dende o momento en que apareceu a vida, a partires dunha bacteria, ata os cazadores - recolectores. Por certo que as bacterias seguen entre nós e dentro de nós na nosa microbiota intestinal e son moi importantes para manternos sans e para as nosas defensas. Reflexionamos sobre unha dieta variada e saúdable. Foi moi interesante. Quedamos á espera da segunda charla para o vindeiro mes porque queremos seguir aprendendo sobre a maneira máis saúdable de alimentarnos.