CHARLA CIBERSEGURIDADE PLAN DIRECTOR

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla deste curso da Garda para o alumnado de 5º e 6º, dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos. Nesta ocasión a temática foi a ciberseguridade. Estivemos reflexionando acerca de moitas cuestións, por exemplo o número de seguidores das RRSS (redes sociais) que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións, que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Explicáronnos como usar as RRSS con seguridade e faláronnos dos perigos de internet. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva.