FESTA DE NADAL!

Hoxe é o día grande da celebración do Nadal no colexio! Se antonte os nenos e nenas de 5º visitaron a residencia de maiores de Porto Avieira para facerlle representacións e cantarlle panxoliñas e onte se fixo o Festival de Nadal no salón de actos para o alumnado de Infantil, 1º e 2º, hoxe é o día máis grande. Rematamos o trimestre e celebramos o Nadal con múltiples actividades. Empezamos a mañá recibindo a Melgasar, o carteiro real, que sempre nos visita neste día grazas á colaboración da ANPA. Con el puideron falar e entregarlle as cartas todo o alumnado de Infantil, 1º e 2º. 

  

   

A continuación na sala de Psico asistimos á representación do conto "Onde está Larry?" de Teatro Calavera. Foi moi divertido.

  

E mentres tanto no salón de actos, máis teatro, neste caso para o alumnado de 2º e 3º ciclo. Trémola Teatro ofreceunos "As aventuras de Didi". Rimos a escachadas e pasámolo en grande!

E para rematar Festival de Nadal con actuacións do noso alumnado; teatro, panxoliñas... Estivo xenial!