Despois do cálido Miami, poñemos rumbo ao frío Nova York. Desta volta son os alumnos/as de 1º de Primaria os que se comunican a través da Internet co alumnado do profesor Andy Chichester no colexio Norwood Norfolk Central School en Potsdam, NY.
Por agora enviámoslles unha carta con debuxos, e compartimos fotos e videos do noso cole e das nosas actividades nun panel colaborativo. Eles contestáronnos con outra carta e con debuxos e fotos do seu cole. Tivemos que buscar no mapa onde quedaba Nova York e imaxinar como viaxarían as cartas (en barco ou en avión) para cruzar o Océano Atlántico e chegar ata aquí ou ata aló. Tamén falamos da diferencia horaria, cando nós estamos no cole, eles aínda están durmindo!