Hoxe, día 17 de marzo, o noso alumnado clasificado na 2ª fase de Atletismo Campo a Través, dentro do Programa Xogade, participou na Fase Provincial do Campionato nas instalacións do Club de Campo de Ferrol, obtendo moi bos resultados. Acadamos un 3º posto da provincia por equipos e obtivemos un 4º posto individual de Claudia Dono. PARABÉNS para o alumnado e o profesorado organizador!