Hoxe, luns 28 de novembro, puxemos o broche final ás actividades da conmemoración do 25N. Ademais da obra de teatro representada polo alumnado de 6º "Pepe e Pepa" tivo lugar unha charla que nos ofreceu a Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º, dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". A temática xirou arredor da violencia de xénero. A educación é unha ferramenta fundamental para a eliminación da violencia contra as mulleres. Falouse de cuestións tan importantes como o respecto, a tolerancia, a confianza ... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.