Hoxe, no recreo, comezamos o Club de lectura para sexto, primeiro presentamos o libro escollido Pan con chocolate de Paula Carballeira. Despois
distribuimos grupos, días de reunión, escollemos nome para o club e empezamos a ler o primeiro capítulo. Para rematar marcamos ata onde imos ler para
comentar na próxima reunión e como o di o título merendamos unha barriñas de chocolate. Todo moi doce!