Para despedir o curso 21/22, chéganos esta fantástica nova. Acábannos de conceder dous novos Selos de Calidade do Servizo Nacional eTwinning polos proxectos "Languages Are Visions Of Life" e "Unidos por nuestras lenguas" nos que participou o alumnado de 6º de Primaria dende a materia de Lingua Estranxeira (inglés). Parece que xa nos habituamos a recibir estes recoñecementos, que cos dos últimos cursos suman xa 6 a nivel nacional e 3 a nivel europeo, pero detrás destes proxectos hai moito traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado. Parabéns!