O 15 de febreiro volvemos conectarnos cos nosos socios americanos do proxecto "Dos Orillas". Desta volta, falamos das celebracións do mes de febreiro dun e doutro lado do Atlántico que estivemos recopilando nun padlet.
Despois competimos nun Quizziz a ver quen sabía máis de todas as celebracións comentadas. E sabedes quen quedou no podio? Pois Carolina conseguiu a primeira posición e Cristian quedou no terceiro lugar. O segundo posto foi para Daniel de Miami.