Aberto o procedemento de renovación do Consello Escolar. Informacións importantes:
- Constituída a Xunta electoral que fixou o calendario do proceso.
- Publicado o Censo dos pais/nais/titores, reclamacións ata o día 12.
- Do 4 ao 12 de novembro, prazo para presentar candidaturas por parte de calquera pai/nai/titor.
- Votacións, o día 23 de novembro entre as 14:30 e as 18:00. Poden votar ambos proxenitores ou titores. O voto será segredo e non delegable.
- Mesa electoral constituída pola directora e 4 pais/nais/titores, que se sacarán por sorteo público o día 16 ás 12:30 horas.
Para calquera información poden contactar co colexio.