A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, para conmemorar o Día Mundial desta enfermidade, que se celebra o 30 de maio de cada ano, organizou a campaña Cores para a Esclerose. Unha das actividades estaba enfocada ao alumnado de Primaria que podía participar nun concurso de debuxo. Algún do noso alumnado tamén quixo sumarse a esta boa causa aportando o seu debuxo. Entre os participantes dúas alumnas nosas resultaron finalistas, o que significa que o seu debuxo formará parte dun calendario que promoverá a Asociación no vindeiro curso. As alumnas son Alicia Fernández Fuentes de 4º C e María Colinas Bello de 6º A, ás que a xefa de estudos fixo entrega do correspondentre diploma. Parabéns!