Meeting Abdul, our language assistant

Estes días estamos coñecendo ao novo auxiliar de conversación que nos axudará a mellorar a nosa expresión oral en inglés. Chámase Abdul e vén da India, máis concretamente, da cidade de Agra onde se atopa o coñecido mausoleo do Taj Mahal (unha das sete marabillas do mundo).

Falounos do seu país, da súa cultura, da súa familia e amigos/as, das súas afeccións... Nós fixémoslle unha morea de preguntas e quedamos pampos coa cantidade de linguas que domina. Xa nos gustaría a nós! 

  

 
Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Auxiliar de conversa