Eventos
Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. O noso centro participa na actividade #AbrideAFiestra promovida pola AELG. Ver imaxes
Estimadas familias:
Mañá día 8 de marzo está convocada unha folga xeral que pode afectar ao normal desenvolvemento das actividades do centro.
Os servizos mínimos que contempla a lexislación son: a dirección ou membro do equipo directivo, un subalterno, unha persoa de cociña e un auxiliar coidador.
Polo tanto non podemos asegurar que as clases se impartan de xeito normalizado.
Un saúdo
Alumnos de 1º de Primaria asisten á fase final da IV edición do concurso escolar de recitado poético ROSALÍA SEMPRE VIVA na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.
As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o día 24 de marzo ata o 2 de abril, ambos inclusive; polo tanto volveremos ao colexio o martes 3 de abril.