De novo Nica conta este curso coa colaboración do alumnado de 6º de E. Primaria.
Cada día na hora do recreo, tres alumnos axudan nas tarefas propias deste espazo: colocación dos libros, axudar aos compañeiros na busqueda de materiais, xestionar a entrada, controlar o aforo da biblioteca, facer empréstitos e devolucións,...
O que pretendiamos era involucrar aos rapaces para que coñeceran a biblioteca e así a sentiran como algo propio, implicándose no seu coidado e interiorizando a necesidade de respectar as normas de funcionamento establecidas. O polo que parece este obxectivo témolo acadado, xa que son moitos e moitas os que queren participar como voluntarios.
Grazas a todos e todas!