Blog Deporte Escolar

Por beatrizgonzalez
01/11/23

"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado. Así cumplindo coa Axenda 2030 traballamos os ods 2 Fame 0 e 3 Saude e benestar.

As modalidades do programa fan ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos compañeiros e compañeiras. Os proxectos que realizarán os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións…) e crear entre todos unha rede de traballo cooperativo que mellore o xeito de ensinar e aprender.

O reto para cada mes, para dar resposta aos ODS da axenda 2030 será comer froita e verduras de tempada. Aquí vos deixamos a proposta do mes de novembro.

 

Aquí vos deixamos un modelo de receita para recoller as vosas propostas. 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
31/10/23

Imagenes de calabazas animadas - ImaguiCuchipandas terroríficas de Samaín.

Catrina GIFs | Tenor

O día 31 de outubro de 2023, celebramos a festa de Samaín. Gústanos moito vir vestidos con disfraces para esta época. Pero non podía ser menos importante ter enconta a alimentación típica desta data. Así, que en familia o noso alumnado elaborou recitas terroríficas para degustar na escola a media mañá.. Todas moi saudables!. Bueno algunha foi unha lambetada, que aos nenos nos gustan moito. 

Moitísimas grazas a todas as familias, por implicarse e axudar en eventos coma este. 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
28/10/23

 DEPORTE ESCOLAR.

 Encontros Multideportivos

 CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles de Tui

 Curso 23-24

 Xoves  día 2 de  novembro de 2023

  O vindeiro xoves día 2 de novembro de 2023 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Encontros Multideportivos entre os CEIP Nº2- CEP Pedro Caselles. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
25/10/23

Sport Running Sticker by Deutsche Hochschule für Prävention und  Gesundheitsmanagement for iOS & Android | GIPHYAprázase a xornada de Campo a Través

Escolar Zonal 23-24.Woman Running Sticker by EmojiVid for iOS & Android | GIPHY

Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas

Xoves 26 e venres 27 outubro 2023.

A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ia ter lugar os vindeiros días: xoves 26 de e venres 27 de outubro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 9 e venres 10 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
16/10/23

Xornada de Xogos Populares e Magosto.

INFANTIL 5 - COLÉGIO SER: VIDEOAULA - FICHA 97 + PORTFÓLIO - 08/06/2020

O pasado martes día 10 de outubro de 2023, levouse a cabo a xornada de xogos populares para o alumnado de Infantil no colexio. Sería o mércores día 11 de outubro cando tivo lugar a xornada para o alumnado de primaria. O alumnado de 6º foi o encargado de ensinar aos demáis cativos moitos, moitos xogos antigos, para nenos e nenas de agora. O certo é que o fixeron xenial como profes. Noraboa!.

 

Unhas  xornadas enmarcada no Proxecto "Diver-xente" que este ano puxo en marcha o colexio, para dar resposta a Axenda 2030 dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Activa-T e Naturaliza-T promoveron estas xornadas onde os ods de saúde e benestar, entorno natural e a reciclaxe de xoguetes de antes, foron os protagonitas dunha xornada lúdico-festiva.

Tamén se levou a cabo a tradicional baixada de carrilanas, feitas en familia con materiais de refugallo.

E non podía faltar coma fin de festa o tradicional magosto, con castañas colleitadas nos nosos bosques en familia, unha delicatesem culinaria que fixo as delicias de maiores e pequenos.

Grazas a toda comunidade educativa, por xornadas coma estas.

Etiquetas: