Lingua Galega |
Para coñecer léxico galego e practicar diferentes exercicios sobre: as comidas, as partes da casa, a paisaxe urbana, a saúde...
|
|||
Os bloques dialectais no galego: trazos dialectais e escolma de textos dialectais extraídos do libro A nosa fala, publicado polo Consello da Cultura Galega:
|
|||
Información sobre a lírica galego-portuguesa medieval:
|
|||
Información sobre diferentes exercicios gramaticais da lingua galega:
|
|||
Proposta inicial 1. - Xaneiro 2008: Poñerse en contacto cos Colexios adscritos se queren participar nunha sesión de videoconferencia de 40 minutos na que profesoras, profesores, alumnas e alumnos de sexto falen, debatan, lean obras ou traballos, resolvan en grupo unidades didácticas, sobre o autor seleccionado no Día das Letras Galegas 2008. Deberemos contar co visto e prace das direccións dos centros (requisito esixido pola Consellería) 2. -Todos os recursos de hardware e de software en cada centro, serán preparados ou instalados, polo Coordinador TIC do IES Chapela (Marcelino Veiguela). 3. - A partir de febreiro os grupos participantes elaborarán os guións, coa supervisión do profesorado de galego dos centros e das coordinadoras ou coordinadores dous ENL. Deberá quedar claro o que vai expoñer cada alumno e cando o fará. Será necesario realizar uns ensaios previos en clase (vocalización, velocidad lectora, termos nos que teñen dificultade..). 4. - Os guións serán pasados a formato electrónico, para ser colgados na web do proxecto. 5. - Para maio 2008, os coordinadores dos ENL poríanse de acordo na data da videoconferencia. O Coordinador TIC do IES Chapela desprazarase aos colexios para instruír o persoal no manexo do software Skype e das cámaras web, así como para realizar as últimas comprobacións de hardware. 6. - A principios de xuño realizarase a actividade.
|
|||
|
|||
Gañadores do certame literario Letras Galegas 2008 1º PREMIO POESÍA Brais Louzao Recarey (1º BAC A) 2º PREMIO POESÍA Juan Alberto Álvarez Iglesias (1º ESO B) 3º PREMIO POESÍA Saray Casal Cabaleiro (3º ESO A)
1º PREMIO NARRATIVA (DESERTO) 2º PREMIO NARRATIVA Brais Louzao Recarey (1º BAC A) 3º PREMIO NARRATIVA (DESERTO)
Traballos premiados
|
|||||||
1- Poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos do centro. 2- Os traballos deben estar escritos en galego, cunha correcta ortografía, a computador e a dobre espazo. 3- Poden ir acompañados de todo o que o alumno ou alumna estime conveniente (debuxos, collages, cores etc...). 4- O tema será libre e establécense dúas modalidades: a) Narrativa: extensión mínima 2 folios e 4 de máximo. b) Poesía: 3 poesías de extensión libre. 5- Os traballos serán presentados nun sobre pechado. Fóra deberá figurar: "Certame Literario Letras Galegas 2008" e cun pseudónimo. Dentro, nun sobre á parte e pechado, irán os datos persoais da alumna ou alumno. 6- Os traballos presentaranse entre o 5 e o 9 de Maio de 2008 no departamento ou aos mestres de lingua galega do centro. 7- O fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de maio, día da entrega dos premios aos finalistas. 8- A decisión do xurado é inapelable e pode considerar o premio deserto. 9- Non respectar estas bases supón a descualificación automática do concurso. 10- Os premios serán os seguintes para as dúas modalidades de Narrativa e Poesía: 1º Premio - 50 euros / 2º Premio - 30 euros / 3º Premio - 20 euros.
|
|||
Premio ao noso proxecto de innovación en normalización lingüística para desenvolver no curso 2007-2008. Resolución conxunta do 1 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se resolven os premios a proxectos de innovación en normalización lingüística para centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso 2007-2008 convocados pola Resolución do 28 de maio de 2007.
Título do proxecto: “A relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación”:
Weblog da Biblioteca do IES Chapela. Weblogs de Tecnoloxía do IES Chapela Elaboración de Webquests Proxecto Podcast Videoconferencias Día das Letras Galegas
|
|||