Proposta inicial 1. - Xaneiro 2008: Poñerse en contacto cos Colexios adscritos se queren participar nunha sesión de videoconferencia de 40 minutos na que profesoras, profesores, alumnas e alumnos de sexto falen, debatan, lean obras ou traballos, resolvan en grupo unidades didácticas, sobre o autor seleccionado no Día das Letras Galegas 2008. Deberemos contar co visto e prace das direccións dos centros (requisito esixido pola Consellería) 2. -Todos os recursos de hardware e de software en cada centro, serán preparados ou instalados, polo Coordinador TIC do IES Chapela (Marcelino Veiguela). 3. - A partir de febreiro os grupos participantes elaborarán os guións, coa supervisión do profesorado de galego dos centros e das coordinadoras ou coordinadores dous ENL. Deberá quedar claro o que vai expoñer cada alumno e cando o fará. Será necesario realizar uns ensaios previos en clase (vocalización, velocidad lectora, termos nos que teñen dificultade..). 4. - Os guións serán pasados a formato electrónico, para ser colgados na web do proxecto. 5. - Para maio 2008, os coordinadores dos ENL poríanse de acordo na data da videoconferencia. O Coordinador TIC do IES Chapela desprazarase aos colexios para instruír o persoal no manexo do software Skype e das cámaras web, así como para realizar as últimas comprobacións de hardware. 6. - A principios de xuño realizarase a actividade.
|
|||