Ed. Consumo

Riscos de Internet e as redes sociais

O pasado 20 de abril, e hoxe día 27, visitounos un membro da Policía Nacional para impartir unha charla sobre os riscos de Internet e as redes sociais. A mesma foi dirixida ao alumnado de 1º e 2º ESO e resultou de grande interese.

Afganistán: a guerra continua. A ruta do opio afgano.

      O opio afgán converteuse no único medio de subsistencia para millóns de campesiños, e unha fonte constante de ingresos para o talibán. O cultivo de durmideira é o traballo máis rendible de todo o país, a pesar de ser declarado ilegal. Uns cantos baróns da droga, dominan todo o país. Algúns teñen un peso considerable no goberno de Kabul. Para os afgáns a adicción nunca fora un problema significativo, pero desde que a heroína se pode obter nos mercados do país a situación mudou. [Fonte: A Noite Temática TVE 2] 

O Monte é a nosa vida

Cada unha destas colaxes, que están acompañadas dunha explicación dos seus autores e autoras, intenta plasmar as tres vertentes de riqueza forestal, desde o punto de vista económico, social e ambiental. Os traballos realizados polo alumnado de 3º PDC no curso 2012-13 foron desenvolvidos de xeito multidisciplinar en horas do ámbito socio lingüístico e de titoría.

Pica para velas todas

Mulleres Chamáns e o negocio dos laboratorios

As mulleres chamáns están contra os laboratorios. As curandeiras do Amazonas non queren seguir deixándose enganar. Afirman que a industria química saquea os seus coñecementos ancestrais, os patentan e se embolsan os beneficios. Fonte: mujerhoy.com 4 febreiro 2012

Pica para ver a reportaxe

Eduardo Galeano en Ourense

Os espigadores e a espigadora

O concepto do que parte este documental é o termo espigar, que tomado en sentido amplo refírese a tomar todo aquilo que sobra e é refugado por non considerarse válido. A partir de aquí Agnès Varda establece un paralelismo entre as espigadoras de outrora que recollían os grans de trigo e arroz sobrantes da colleita e os espigadores de hoxe en día, que son todas as persoas que recollen aquilo que os demais desperdician, xa sexan verduras e froitas, pero que poden servir de alimento para persoas sen recursos. Electrodomésticos ou calquera tipo de obxectos que reutilizados ou reciclados aínda poden ter unha utilidade práctica ou artística. Este documental mostra un compromiso ético coa pobreza no primeiro mundo e, sobre todo, provoca unha profunda reflexión sobre as leis do mercado e o malgaste das sociedades consumistas nas que vivimos.

 

Manduca caduca

Manduca caduca é un documental sobre a comida que se tira ao lixo por parte da industria e das familias. O “movemento freegan” é unha iniciativa de carácter reivindicativo que tenta chamar a atención sobre esta problemática. Máis por activismo que por necesidade, os e as freegans recollen comida dos colectores e organizan eventos colectivos.

ENTREVISTA Tristram Sturat

Os motivos da fame no mundo

OS MOTIVOS DA FAME NO MUNDO [Informe Semanal TVE1 17-06-2006]. En só 10 minutos de reportaxe Jean Ziegler deixa moi claro que as persoas que morren diariamente de fame e de sede no planeta, son vítimas da forte especulación que de forma global, se fai cos produtos de primeira necesidade.

A ILHA DAS FLORES

A Illa das flores é un documental do ano 1989 do brasilero Jorge Furtado, breve e contundente para entender mellor o mundo. Explica dunha maneira sinxela o funcionamento do sistema capitalista. Unha crítica ao sistema xerarquizado, desigual e inxusto no que todos e todas convivimos e ao que todos e todas estamos afeitos.

Os perigos de Internet

O 15 de maio o alumnado de 3º ESO asistiu á charla: OS PERIGOS DE INTERNET

Resumo da charla

Preguntas do alumnado

  

  

 

Distribuir contido