Probas Libres FP - Convocatoria 2024

O día 3 de xuño comezan as probas libres para a obtención de títulos de FP no IES de Chapela.

Como novidade, nesta convocatoria ofértase por primeira vez o título LOXSE correspondente ao Ciclo Superior de Dietética.

A xornada de acollemento será o 3 de xuño ás 9:00 horas. Esta xornada ten carácter obrigatorio, incluso para aquelas persoas que se matricularon para validar algún módulo. Unha vez que remate a xornada de acollemento, empezarán os exames seguindo os calendarios que podedes consultar máis abaixo, así como no taboleiro dedicado a probas libres.

O chamamento do alumnado para a xornada de acollemento e os exames farase entre dez e cinco minutos antes da hora de comezo no patio de columnas do instituto (espazo cuberto que hai seguindo todo recto ao entrar no recinto do instituto polo camiño do Penisal, con imaxes de trobadores e trobadoras nas columnas). Todo o alumnado esperará aí a que o profesorado o vaia buscar. Para poder entrar á presentación ou a calquera exame, o alumnado ten que estar sempre identificado mediante o seu DNI/NIE ou documento equivalente (a imposibilidade de identificar a alguén será motivo de expulsión do proceso).

Nos exames prácticos de probas libres NON haberá xornada de acollemento. O alumnado deberá presentarse directamente dez minutos antes do inicio da proba correspondente.

Grazas.

 

Ligazón ao apartado da Consellería de Educación sobre probas libres

Calendario de admisión probas libres

 

MATRÍCULA PROBAS LIBRES

Do 14 ao 21 de maio / Horario: 9:00 a 13:00

Módulos liberados: do 23 ao 31 de maio / Horario: 9:00 a 13:00

Documentación:

  • Fotocopia do DNI
  • Certificado académico (orixinal e fotocopia)
  • Xustificante de ter pagado o seguro escolar (as persoas maiores de 28 anos están exentas): 1,12 € / ABANCA ES6220805103343040003924

 

CALENDARIOS PROBAS LIBRES EXAMES TEÓRICOS E PRÁCTICOS

Ciclos da familia de Sanidade

Ciclos da familia de Servizos socioculturais e á comunidade

 

PROGRAMACIÓNS

Ciclo Medio de FARMACIA E PARAFARMACIA

Ciclo Superior de DOCUMENTACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIAS

Ciclo Superior de DIETÉTICA

Ciclo Medio de ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

Ciclo Superior de EDUCACIÓN INFANTIL

Ciclo Superior de INTEGRACIÓN SOCIAL

 

CUALIFICACIÓNS

Tras a realización dos exames, pica no asterisco correspondente para acceder ás túas cualificacións.

 

Farmacia

Document.

Dietética

APSD

Educ. Infantil

Integ. Social

Teóricos

*

*

*

*

*

*

Prácticos

*

*

*

*

*

*

Finais

*

*

*

*

*

*

 NOTA: Non se inclúen as actas das probas onde só se presentou alumnado que causou baixa de oficio.