Xa estamos de volta!! Despois de esperar todo o curso a que chegase o momento da viaxe, o pasado sábado 18 de marzo saïamos cheos de ilusión cara a Andorra. Alí pasamos unha semana estupenda aprendendo a esquiar rodeados de sol e montañas. Fomos tamén probar as augas termais en Caldea, coñecimos Ordino, Escaldes, Andorra a Vella e fomos patinar sobre xeo. Pasamos uns días de convivencia e compañeirismo, compartindo moi bos momentos e anécdotas que lembraremos para sempre. O curso que vén repetimos!!
|
||||