O alumnado do IES de Chapela, acolléndose ao seu dereito de reunión e tras o acordo alcanzado na Xunta de delegados e delegadas celebrada no centro o 18 de outubro, decidiu sumarse á decisión colectiva de non asistencia á clase o próximo 27 de outubro, secundando a folga convocada polo Sindicato de Estudantes para reclamar medidas para "protexer a nosa saúde mental e defender a educación pública". Na seguinte circular informativa pódese consultar toda a información relacionada co procedemento a seguir polo alumnado, tanto aquel que secunde a folga como o que decide asistir con normalidade a clase.
|
|||