GaliciaLe

Dende Rede de Bibliotecas de Galicia envíannos esta mensaxe, que vos pode resultar de interese:

Debido ao peche das bibliotecas está a haber unha maior demanda dos servizos de préstamo electrónico. Por esta razón, imos habilitar un espazo en GaliciaLe (tanto en eBiblio Galicia como no Catálogo galego) para que os cidadáns que non teñen carné de biblioteca poidan autorrexistrarse e teñan acceso ao servizo de préstamo electrónico.  Darémoslles un prazo de 30 días desde a fin da corentena para que se acheguen á biblioteca para obter o carné. Se non o fan, deixarán de ter acceso a GaliciaLe.