Festa do Outono Modular

 O de Samaín en modular foi un desenfreo.

O mal estaba na conserxería. Ata as fotos saían medio negras.

 

Mais onde está mal tamén está o ben. Mira que linda!

Unha meiga boa co seu halo de luz branca.

- Estades ben?

 

 Logo había as meigas de toda a vida, negra e de napia grande.

 

Tamén había as típicas meigas verdes, estabamos ben servidas e servidos.

 

 Esta non era unha meiga, era a filla maior de Dath Vader.

- Asun, quítame a espada láser dunha vez, coño, que me vas queimar!

 

  Ao final o mal acábase xuntando. 

Vade retro Satanás!

 

  Hai bruxas que queren pasar desaparecibidas.

- Levanta a cabesa para foto, nena!

 

  O grupo das meigas e bruxos prepárase para o aquelarre.

 

  Hainos que sempre aproveitan para facer o agosto, aínda que sexa outubro.

 

  Un dos momentos cume da noite. Unha muller posuída saíu en camilla directa do manicomio. 

 

  Os berros escoitábanse en Cangas, onde María Soliña. 

 

  Cajo no PD, cajo nas baixas de oficio, cajo no mundo... Satanás faime túa!

(Ollo co número da lotería aos pés da posuída, non vaia ser o demo que toque!)

 

  - Ai que mona! Vou subir a foto ao meu Instameija! 

 

  Mais en medio de todo o follón chegou a comida, e como boas galegas e galegos... mandouse parar. 

 

  A xente normal, desfiando os espíritos comezou saír de todos os lados.

Vaia nivel de repostería amosou o alumnado de modular. Un 10!!

Esperemos que isto sexa tido en conta nas notas finais.

 

 

  Mesmo a xente animouse a bailar. 

 

  Os corpos de seguridade do IES velaron porque a noite fose pacífica. 

 

  A festa remataba e chegou a lectura do conxuro.

Deixámovolo a continuación por se algún día tedes un aquelarre. Non ten desperdicio. 

 

 

 

  Logo do conxuro, danza macabra e todos para casa. Unha gran noite!! 

 

  O doutor Anxo daba consellos a unha nai sobre a súa filla nos estertores da celebración.

- A nena téncheme mala pinta. Hoxe que non saia de marcha.

Ao chegares a casa dálle un pouco de dalsy e viks vaporub, a ver se deixa de sangrar.

Se ves que non mellora chama a Nardo, que curar non cha vai curar, pero che quita as penas.

 

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN, TRABALLO E ALEGRÍA!