|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alto e claro, a comunidade escolar do IES Chapela berrou hoxe NON á Violencia de xénero contra as mulleres. Desde a mañá ata a noite, o alumnado, profesorado e persoal non docente do noso instituto, realizou actividades para recordar as que están e as que non están: confección de carteis, lazos, visionado de curtas e videoclips, performances... e un sobrecolledor minuto de silencio. Desde o Concello de Redondela, Lidia Bastos González (1º ESO A), en representanción do seu grupo e de todas e todos nós, leu parte do manifesto municipal do Día contra a Violencia de Xénero redactado por alumnado de todo o concello. E por suposto, lembramos a nosa veciña e amiga, Sesé. Grazas a todas e a todos por ser como sodes. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|