|
|
|
|
|
|
|
O pasado 16 de abril comezou a desenvolverse o I Campionato de Ultimate do IES Chapela no Pavillón Municipal da parroquia. O ultimate é un deporte de equipo que se xoga cun disco voador, frisbee, tanto en pista como en praia, e que se caracteriza por ser mixto. Competiron un total de nove equipos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bach, chegándose a un gran final, na pista do instituto, entre 2º ESO e 1º Bacharelato. Na mesma resultou gañador 1º Bacharelato. Moitos parabéns a todas e a todos, e sobre todo á profe de Educación Física, Lucía Ferreiro, pola súa iniciativa e a súa enerxía. PDF con máis fotos do Campionato. |
|
|
|
|
|
|
|