|
|
|
|
|
|
|
Golpéanos hoxe a tráxica nova do falecemento da nosa compañeira, profesora e amiga, Salomé Cabaleiro, e non sabemos nin como sentirnos. Lembrámola sorrindo, alegre e activa, como debe ser e é propio da xente nova. Recordámola entendendo o ensino como algo que sobordaba a transmisión de coñecementos para implicarse na formación integral da persoa. E sempre, sempre, sempre, preto de nós... de onde xa nunca se irá. Choramos a túa morte, mais nin sequera ela poderá borrar a memoria do teu pasado tan presente.
|
|
|
Chapela, 16 de maio de 2017
A comunidade educativa do IES Chapela
|
|
|
|
|
|
|
|