|
|
|
|
|
O IES de Chapela co pobo saharauiA comunidade educativa recadou 1236,60 € para o programa Vacacións en Paz.
Desde o pasado 9 de maio o IES de Chapela está desenvolvendo unha campaña de sensibilización sobre as condicións de vida dos refuxiados saharauis que levan desde 1975 en campamentos en territorio alxerino e o seu dereito a regresar á súa terra, ocupada polo goberno de Marrocos.
A campaña tamén ter por obxecto recadar fondos para o programa Vacacións en Paz, que organiza todos os anos a Asociación Galega de Amigos do Pobo Saharaui. Grazas a ese programa as nenas e nenos refuxiados entre 7 e 12 anos poden pasar dous meses do verán con familias galegas. Dese xeito evitan as altas temperaturas dos campamentos nesas datas (ata 50 ºC), acceden a revisións médicas e tratamentos (se os precisan) a través dun convenio co SERGAS e teñen contacto coa nosa cultura mentres aprenden as nosas linguas castelá e galega.
O custo de manutención das nenas e nenos é asumido por cada familia acolledora, pero o custo da viaxe e seguro (890€ por cada nena/o) debe pagalo a Asociación grazas ás achegas dos Concellos e a campañas como a desenvolvida no IES de Chapela.
En Chapela puxémonos como obxectivo que poida vir este verán unha nena ou un neno saharaui máis, para o que se precisarían 890€. Polo tanto acadamos con creces o obxectivo da campaña. Profesorado e alumnado voluntario do Ciclo de Integración Social percorreron as aulas de diurno e de nocturno para sensibilizar sobre esta situación.
- Foto do alumnado de 4º ESO co reconto final de euros acadados
- Vídeo realizado por unha alumna do Ciclo Superior de Educación Infantil que describe a historia e a situación actual do pobo saharaui
|
|
|
|
|
|
|