Dende o Ciclo Superior de Integración Social, con motivo da celebración, o próximo 25 de Novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estanse a organizar unha serie de actividades, das que queremos informar para animar a toda a comunidade a participar das mesmas. Luns 23 estará instalado no vestíbulo do centro un Mural no que se formula unha pregunta: Que é para ti a violencia de xénero? O propósito deste mural é invitar á reflexión, buscando a participación colectiva, escribindo cada quen no propio mural aquelas cousas que considere que son violencia contra a muller ou o seu propio concepto de violencia contra a muller. Tamén haberá algúns pequenos carteis con frases de personaxes célebres, que pretenden convidarnos a pensar. Martes 24, colocaranse algúns carteis máis que representan unha selección de mulleres cun papel relevante para todas e todos nós, animámosvos a coñecelas. Mércores 25 farase unha concentración silenciosa diante do mural interactivo no tempo do recreo da tarde. Á súa finalización procederemos á lectura dun Manifesto. Xoves 26 proxectarase, durante o recreo, unha presentación con vídeo e música, amosando a perspectiva de xénero na música. Venres 27, proxectarase un vídeo para fomentar a visibilidade sobre o tema da violencia contra a muller e colgarase no mural interactivo unha definición oficial sobre a violencia contra a muller. O alumnado do CS Integración Social confía en que vos guste esta inciativa e que vos animedes a participar. CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA FACER DESTE PEQUENO ACTO ALGO SIGNIFICATIVO QUE MOSTRE A CONCIENCIACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODO O IES Chapela. Fotos da lectura do manifesto
|
|||