Ao noso compañeiro JORGE BERDIÑAS.

 
Hai momentos na vida onde non sabemos o que dicir, e menos como sentirnos. Hoxe é un deles.
 
O pasado 5 de xaneiro, a noite de Reis, o noso compañeiro, amigo, profesor, Jorge Berdiñas, faleceu repentinamente. Fíxoo como era o seu costume, desfrutando a vida ata o último segundo.
 
Moitos serán os momentos nos que pasada esta amargura que agora vivimos, lembremos o seu sorriso, a súa tenrura, o seu espírito libre e alegre, a súa coherencia e o seu xeito de vivir sempre de fronte coas súas ideas.
 
Non tardaremos moito en facer unha acto de lembranza, á súa altura, do que vos informaremos no seu momento. E dicimos de lembranza, e non de despedida, porque Jorge nos acompañará a todos e todas os que o coñecemos, xa para sempre.
 
Contigo na memoria, JORGE.

 

Acto de lembranza martes 10 de Febreiro de 2015 ás 17:00 no Multiusos do Piñeiral do Crego