Programa de Intercambio - Notre petit comenius

PROXECTO DE INTERCAMBIO  EN LINGUA FRANCESA 2014

 « Notre petit comenius »

 O departamento de Francés, no curso 2012-1013 intentou pór en marcha un novo Proxecto Comenius, pero non acadamos a subvención por falta de fondos.

 Os nosos socios : Francia, Italia e Alemaña propuxéronos manter o contacto e realizar un intercambio escolar en dous dos países: Galicia e Francia.

 

 1.- Centros  socios participantes:

Lycée Aristide Bergés, Rhônes-Alpes (Francia)

Ecolea Internationale Schule, Schwerin (Alemaña)

Istituto di Istruzione Superirore “V. Cardarelli”,Tarquinia –Viterbo (Italia)

IES  Chapela, Redondela (Galicia)

 

2.- Datas

O intercambio farase entre dous dos países implicados :

Galicia / visita dos nosos socios ao IES Chapela

Do 20/21 ata 26/27 de xaneiro 2014

 

Estarán con nós :    10 alumnos franceses + 2 profesores (chegarán o luns 20)

                                    4 alumnas italianas + 1 profesora

                                    4 alumnos alemáns + 1 profesor ( chegarán o martes)

 

Neste proxecto acollen nas súas casas 8 alumnos e 5 profesores do IES Chapela, sen esa participación o proxecto non se podería realizar.

Do 14 ata o 20 de maio 2014, visita a Grenoble dos alumnos do IES Chapela ao Lycés Aristide Bergés (Rhône-Alpes)

8 alumnos dos IES Chapela de 1º BAC e 4º ESO + 2 profesoras serán acollidos polas familias francesas que tamén acollerán a 5 alumnos alemáns + 1 profesor e 6 alumnos italianos + 1 profesora.

 

Obxectivos didácticos:

Antes da visita faremos un traballo conxunto, en francés, sobre a identidade das rexións implicadas. Exposición oral en francés ante os nosos socios.

A lingua francesa  como lingua de  traballo (todos os profesores son profesores de francés).

A nosa determinación é de non perder o traballo realizado dende o ano 2006 cos Proxectos Comenius e a posta en marcha de intercambios con outros países europeos.

Pensamos que a experiencia do intercambio é moi importante para a formación persoal e académica dos nosos alumnos.

Permítenos coñecer e interactuar  de xeito real  ante a diversidade das rexións de Europa e comunicar nas linguas estranxeiras.

Durante a visita dos nosos socios, faremos partícipes a toda a comunidade escolar do IES Chapela, Os alumnos estarán acompañandos do alumno de acollida, asistindo a algunha clase e realizando  algunha visita.

 

Agradecemos a participación das familias e dos profesores que mostraron o seu interese por acoller. Do equipo Directivo pola súa colaboración. Sen esa participación o proxecto non se podería realizar.

 

As profesoras do Departamento de Francés:     

María José Fraga Rivera     

Ángeles Alemparte Conde