Alumnas do CS Educación Infantil (Modular) participaron esta fin de semana nas “XVI XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL”. Nestas xornadas, organizadas pola Asociación Sociopedagóxica Galega e CIG Ensino, celebradas no IES Fontiñas de Santiago de Compostela, as alumnas presentaron un proxecto levado a cabo por elas mesmas durante este curso: Estoxo Viaxeiro: coñecendo Galicia. Unha experiencia de elaboración de materiais por parte do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela para o seu uso en ámbitos formais e non formais.
As alumnas que participaron nesta poñencia foron María Piñeiro Dieguez, Aurea Mª Chapela Riobó e Brenda Santoro González, acompañadas polo seu profesor de Didáctica, Borja Álvarez. Ademais, estiveron arroupadas por un grupo de compañeiras, que se desprazaron ata Santiago para acompañalas nesta bonita experiencia. Aquí tendes algunha foto da súa intervención.
|
|||