2019-2020
Outras novas
Aquí quedan algunhas novas que podedes ver e disfrutar.
Reto lector propostao polo noso Amigo Daniel. Atrevédesvos. Mirade aquí en que consiste.
Na aula de Música hai unha proposta nova para traballar ritmos visitádea (Aula Música)
A Coordenadora territorial dos EDLG de A Coruña, mándanos a seguinte información:
A SXPL, coa colaboración da CRTVG, tamén vos fornece de actividades lúdicas especialmente dirixidas ao alumnado máis novo. Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg (premendo no X) e, así mesmo, en http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019.
E xa para as familias e profesorado o Equipo de Orientación Específico de A Coruña mándanos o boletín informativo que podedes descargar aquí.
- APIs de Blogue
Novas propostas e actividades na nosa Aula Virtual
No noso espazo virtual "A Luzada" temos actividades novas das que vos imos dar conta pero antes quero preguntarvos sabedes que é "A Luzada", "Ir á Luzada", aí queda a proposta de investigación. Bon unha pista ou mais ben unha precisión, para ben, ben decilo, debemos decir "Imos á lusada", bon a investigar.
Bon pois como novedades imos destacar:
Propostas de Arte, que nos traen da Aula de Cruceiro 5º e 6º de E. Infantil, e son propostas elaboradas na propia aula. aí vos queda o enlace directo ao traballo titulado "Cara de froita"
Propostas de música, atrevédesvos a compoñer? podedes intentalo na nova que hai na aula de música "Crea Melodías".
Na aula de Ingles tamén temos novedades, visitádea, e lembrade que nesta aula as propostas de actividades están no apartado de /foro/
Xa e para hoxe propóñovos visitar o espazo que Arenaria preparou para investigar ciencia dende a casa. Espazo de Arenaria Coordinación.
- APIs de Blogue
Actuacións do profesorado para apoiar o proceso de aprendizaxe nas familias
NOME DO CENTRO: C.R.A. DE RIANXO
CÓDIGO DO CENTRO: 15027551 LOCALIDADE RIANXO
ATENCIÓN AO ALUMNADO DO CENTRO EN APLICACIÓN DAS INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O 16 DE MARZO DE 2020.
INFORME DA DIRECCIÓN DO CENTRO
1. Medidas establecidas con carácter xeral polo centro para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar. (Resumo descritivo das medidas establecidas con carácter xeral para todas as materias, cursos e/ou etapas impartidas nos centros, ou no seu defecto, resumo descritivo de medidas por curso/materia ou departamento didáctico/departamento de familia profesional ou equipo docente).
o O C.R.A. de Rianxo, atende alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Dende que se interrumpiu a asistencia ás clases pola promulgación do estado de alarma, as actuacións seguidas polo centro para facilitar o proceso de aprendizase foron:
§ Establecer canle de comunicación ordinaria e aberta coas familias a través das titorías, esta comunicación realízase, por teléfono, por aplicación telemáticas de comunicación WhatsUp, Skype, etc e por correo electrónico.
§ Abrir un espazo aberto na Aula Virtual do Centro, específico para este periodo https://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/aulavirtual/mod/page/view.php?id=1689
§ Houbo titorías que puderan entregar instruccións e materiais as familias, antes da interrupción decretada polo estado de Alarma
2. Sistema de comunicación co alumnado e as familias establecido polo centro.
o Indícase arriba: por teléfono, por aplicación telemáticas de comunicación WhatsUp, Skype, etc e por correo electrónico.
o
3. Propostas de actividades elaboradas para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios. (Resumo descriptivo para cada curso e materia das etapas impartidas no centro) (*)
· Educación primaria:
o 1º e 2º de Educación Primaria. Danse instruccións ás familias para na medida do posible continuar coa plan de actividades programadas para o curso, con especial énfase nas actividades que teñen que ver coa lecto-escrita e o razonamento matemático.
o Os recursos que se utilizan para facer chegar as propostas son:
§ Comunicación individual coas familas, polos medios acordados
§ Utilización dos materiais impresos que levaron da escola o último día de clase
§ Convidación para utilizar os contidos e propostas que se van colocando da aula Virtual
§ A este respecto, temos constatación de que algunhas familias teñen dificultade para acceder a contidos dixitais a través de internet.
O/a director/a do centro
Tobías Betanzos Rego
C.R.A. de Rianxo
En Rianxo a 23 de marzo de 2020
- APIs de Blogue
CORANAVIRUS: Informe seguimento, 23 marzo 2020

Presenza no C.R.A. de Rianxo
De acordo coas instruccións da Consellería de Educación. permanecerá na sede do C.R.A. de Rianxo, en Atalaia Asados, un membro do equipo directivo. A instrucción da Consellería indica que permanecerá o tempo necesario para atender as familias e alumnado e comprobar o estado dos equipos tecnolóxicos e do propio edificio.
Seguindo estas instruccións estará un membro do equipo directivo todos os días lectivos de 10:00 a 13:00. Antes de realizar calquer xestión ou desprazamento áo centro chamar ao telefono 981863305 ou ao móbil 620635295.
- APIs de Blogue
Titorización do alumnado durante o estado de alarma
Na Aula Virtual do Portal educativo do Cra de Rianxo están aloxadas as indicacións do profesorado co respecto á titorización do alumnado durante o Estado de alarma
Aula Virtual. Curso 2019-2020 (Escola Rosalía de Castro). Titoría: Sol Beiroa
(Entrar como Convidado ou Convidada)
Galerías de imaxes con actividades realizadas durante o Estado de alarma. Ver álbum de imaxes DIARIO DA CORENTENA na Aula Virtual, Curso Luzada-Escola Rosalía de Castro.
Imaxes (escolma) e enlaces a videos do Diario da corentena:
DE REFUXIAD@S SAHARAUÍS |
contado por Elena e Petra |
investigación de Eira e Elisa |
HABÍA UNHA VELLA CHAMADA LUCÍA recitado por Eira e Elisa |
contado por alumnado e familias |
contado por María R. León |
celebración en confinamento |
cantado por Emilio (e Emilio) Saborido |
música de Adrián, Carlos e Ana |
nós tamén somos artistas |
investigación de Icía, Adrián e Ana |
contado por Petra |
Normalización CRA de Rianxo |
(fotografías con perspectiva forzada) |
explicacións de Aly, pai de Anta |
a expectación e o misterio da Natureza |
experiencias compartidas |
|
- APIs de Blogue
Aviso familias Relixión
Estades todos e todas invitados e invitadas a participar da google classroom "Imos a Reli". Só precisades ter aberta unha conta de gmail para apuntar as vosas crianzas. Ao entrar na aplicación en "apuntarse a una clase" introducides os seguinte código s7k5abz e listo. É unha aplicación que tamén serve para móviles e tabletas. Animádevos a participar. Un bico a profe Celia.
- APIs de Blogue
Aula virtual do C.R.A. de Rianxo
Para manter a comunicacion coas familias e coas nosas alumnas e alumnos o profesorado do C.R.A. están a preparar a traves da aula virtual do centro e doutras aplicacións telemáticas recursos diversos para que podades disfrutar de contos, xogos e cancións.
Na aula virtual os contidos poñeranse en acceso libre polo que non vai ser necesario rexistrarse. Pronto vos daremos mais novedades.
Para comezar deixamos aquí o enlace ao conto A Cebra Camila.
---
A Sociedade Española de Ornitoloxía abre, coma nas últimos anos, unha "xanela diaria á vida salvaxe" coa posta en marcha dunha rede de cámaras webs que transmiten en directo o proceso de cría de especies emblemáticas da fauna ibérica como o voitre negro ou o lagarteiro das torres.
Neste momento hai operativas 4 cámaras:
Voitre negro. Rascafría. P.N. Sierra de Guadarrama
Curuxa común. P.N. Cabañeros
Lagarteiro das torres (Cernícalo primilla) P.N. de Cabañeros
AVISO FAMILIAS RELIXIÓN:
Estades todos e todas invitados e invitadas a participar da google classroom "Imos a Reli". Só precisades ter aberta unha conta de gmail para apuntar as vosas crianzas. Ao entrar na aplicación en "apuntarse a una clase" introducides os seguinte código s7k5abz e listo. É unha aplicación que tamén serve para móviles e tabletas. Animádevos a participar. Un bico a profe Celia.
- APIs de Blogue
Estado de alarma por Coronavirus!
Tocan momentos complicados pero en Outeiro non pensamos parar, só cambiamos a forma. Precisamos unha colaboración familia-escola máis forte que nunca!
As programacións semanais serán enviadas por correo electrónico ás familias, personalizadas por idades. A maiores teremos a aula virtual na que se colgarán cousas máis xerais e propostas por parte dos especialistas. Ánimo a todos!
- APIs de Blogue
MEDIDAS PROVISIONAIS A ADOPTAR POLO C.R.A. DE RIANXO EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID - 19
O equipo directivo e o profesorado do C.R.A. de Rianxo solidarízase a fai seus todos os esforzos que as familias, nais e pais, nenas e nenos e avoas e avos estamos a facer para conter o contaxio do Coronavirus.
Sumámonos as peticións das autoridades de colaborar de xeito responsable neste esforzo de contención do Covid-19 quedándonos na casa e saír solo para realizar o indispensable e urxente.
Solidarízamonos e facemos nosa a grave preocupación das persoas e familias que por mor desta situación están a ver gravemente afectada a súa forma de vida e de sustento económico. Apoiamos e pedimos que as administracións teñan en conta estas situacións e axuden as familias e persoas que nestes momentos non poden desenvolver o seu medio de vida.
Pedimos aos nosos alumnos e alumnas que se sumen de xeito responsable e solidario ao esforzo de toda a sociedade para conter esta alarma sanitaria provocada polo Covid-19.
E a pesares do peche necesario das instalacións escolares e a pesares da separación que esta situación nos impón cos nosos alumnos e alumnas imos utilizar esta web e os medios tecnolóxicos ao noso dispor para comunicar con vos e darvos ánimos e se é posible algún momento de lecer. Desexamos ser útiles e aportar o noso esforzo para que este confinamento que todos realizamos sexa mais breve e levadeiro posible.
En Rianxo a 16 de Marzo de 2020
ENLACE ÁS PREVISIÓNS ORGANIZATIVAS PARA ESTE PERIODO DE ALARMA SANITARIA
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »