2019-2020

Organizador curso

UMMMM, QUE RICA ESTÁ A FARIÑA!!!!

Nos días de confinamento buscamos formas para seguir xogando e compartindo risas tod@s xuntos, a pesar da distancia. Un dos xogos que máis éxito tivo foi o reto da fariña, que consistía en manchar a cara de fariña e propoñer a outros compañeir@s para que se animasen a facer o mesmo.

Acabamos ca fariña!!! Si, temos que recoñecelo, a escaseza de fariña que houbo eses días foi por culpa das familias de capela infantil. Aquí tendes a proba do delito.Guay

 

 

 

 

ANIVERSARIOS NA ESCOLA DE CAPELA

Cando chega unha data tan sinalada e importante como son os aniversarios das nenas e dos nenos, na escola de Capela gústanos moito celebralo xuntos e desfrutar dunha reunión festiva na que adoitamos compartir alegría, risas, música...

Nestas tres últimos meses tocounos reinventarnos e vímonos obrigad@s a festexar os aniversarios dun xeito distinto, pero foron igualmente emocionantes. Grazas ás tecnoloxías puidemos soprar velas virtualmente e facerlles chegar aos nos@s compañeir@s os nosos agasallos e os mellores desexos.

 

Aniversario de Camila:

 

 

 

Aniversario de Marco

 

 

 

Aniversario de Manuel

 

 

 

Aniversario de Lia

 

8M:RUEIRO REIVINDICATIVO


Adicado a Maruja a Ferrancheira, Maruja a do Regho, Carmen a Pachina e Mariña Riveiro,
mulleres referentes na parroquia de Taragoña

Como continuación da actividade programada pola Anpa Irmáns Ínsua e realizada polo alumnado do CRA de Rianxo no pasado curso escolar, dentro dos actos 8M-2020 realizamos a campaña Rueiro reivindicativo, co fin de visibilizar a ausencia maioritaria de nomes de mulleres nas prazas e rúas das nosas vilas.

ENTROIDO

 A ESCOLA DE CAPELA CONVIDOUNOS A FESTEXAR O ENTROIDO POLAS SÚAS TERRAS E ALÓ FOMOS NÓS COA NOSA PANADARÍA ROSALÍA, A REPARTIR PAN, FARIÑA, MÚSICA, ALOUMIÑOS E  ALEGRÍA.

Admisión curso 2020-21

Todo as solicitudes de nova admisión para o vindeiro curso 2020-2021 foron admitidas. A listaxe provisional está exposta na sede en Atalaia Asados, tal e como estipula a normativa vixente.

Atendendo a esa mesma normativa, ábrese un prazo de tres días hábiles para as posibles reclamacións. De non existir reclamacións, a lista definitiva sairá publicada o vindeiro martes, día 26.

Fondo libros 2020-21

A consellería de Educación ven de publicar as instruccións para solicitar as axudas do Fondo Libros.

Achegasevos enlace á folla Fondo Libros da Consellería de Educación

Recoméndase a presentación telemática, non obstante quen teña que facela presencial, antes chame ao centro ben ao 981863305 ou ao 620635295.

Os alumnos e alumnas que para o curso que ven cambien de centro deben poñerse en contacto cos centros respectivos. Sempre antes de ir chamar por teléfono.

CEIP CASTELAO INSTRUCCIÓNS  TELEFONO 881866861

CEP BREA SEGADE 881867046

CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ INSTRUCCIÓNS, TELEFONO 881867175

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS 2020

VIDEO HOMENAXE A D. RICARDO

CARBALLO CALERO

"As palabras teñen vida"

PANADARÍA

VALENTÍN CONVIDOUNOS A PASAR UNHA MAÑÁ NA SÚA PANADARÍA.
APRENDEUNOS O SEU BO OFICIO DE PANADEIRO E DE ANFITRIÓN. 
E NÓS GOSTAMOS TANTO DE ESCOITALO, COMO DE AMASAR, COMER UNHA RICA EMPANADA E LEVAR PARA AS NOSAS CASAS UNHAS SABOROSAS BOLAS DE PAN.

 
   

REVISIÓN PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

 

C.R.A. DE RIANXO
PROGRACIÓN DIDÁCTICA 2019-2020
EDUCACIÓN INFANTIL


De acordo coas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia o C.R.A. de Rianxo ten adoptado os seguintes acordos a respecto das pautas metodolóxica e desenvolvemento da avaliación na 2º etapa da Educación Infantil:


· PAUTAS METODOLÓXICAS: As recollidas no documento anexo a este, que en todo caso priorizan as recomendacións da Consellería de Educación e que se fundamentan no seguinte principio: Todos as persoas responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos directivos ou membros das Administracións, extremarán o seu coidado para apoiar os  estudantes e as súas familias, os docentes e todos os membros da comunidade educativa, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar.


· CRITERIOS DE AVALIACIÓN: O centro acorda adoptar como criterios para realizar a 3º avaliación e a avaliación final de curso os mesmos criterios previstos para a 2º Avaliación do presente curso 2019-20. Motívase esta decisión por ser a que inda tendo en conta as limitacións da propia situación é a que mais se axusta tanto as recomendacións propostas pola Consellería de Educación como á necesaria adaptación destas recomendacións ás singularidades do noso centro.

En Rianxo a 12 de Maio de 2020

DOCUMENTO ANEXO: CONSIDERACIÓNS METODOLÓXICAS

 

Distribuir contido