2019-2020

Organizador curso

COCIÑA

UN CURSO ESCOLAR ADICADO Á GASTRONOMÍA DÁ PARA MOITO:  EXPERIMENTAR, SABOREAR,
ARRECENDER, COCIÑAR, CONVIDAR, ...

 PERO SOBRE TODO, SOBRE TODO, DÁ PARA ENCHER AS BARRIGOLAS !!

REVISIÓN PROGRAMACIÓNS EDUCACIÓN PRIMARIA

REVISIÓN PROGRAMCIÓNS:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE POR MATERIAS

  1º E. PRIMARIA 2º E. PRIMARIA
LÍNGUA GALEGA TEXTO TEXTO
LÍNGUAA CASTELA TEXTO TEXTO
MATEMÁTICAS TEXTO TEXTO
CC. SOCIAIS TEXTO TEXTO
CC NATURAIS TEXTO TEXTO
INGLES TEXTO TEXTO
PLASTICA TEXTO TEXTO
EDUCACIÓN MUSICAL  TEXTO TEXTO
EDUCACIÓN FÍSICA TEXTO TEXTO
RELIXIÓN TEXTO TEXTO
VALORES TEXTO TEXTO

METODOLOXÍA E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN   TEXTO

En Rianxo a 12 de Maio de 2020

RECREANDO OBRAS DE ARTE

    

 

Novos prazos para presentar solicitudes de admisión

Abrese novamente o prazo para realizar a presentación das Solicitudes de Admisión

Prazo: Do 11 ao 18 de Maio

Modo de realizar a presentación:

Para a presentación presencial a atención realizarase con cita previa, chamando entre as 10:00 e as 13:00 ao 981863305 ou ao 620635295

Enlace á información da Consellería de Educación sobre prazos para presentación de solicitudes, resloluciós de admisión, matrícula e presencia nos centros educativos

O equipo directivo

Rianxo a 7 de Maio de 2020

 

Novedades na aula virtual

NICOLE CRILLY

Na nosa aula virtula temos actividades e recursos preparados polos nosos  profesores e profesoras.

Deixovos enlace a dous vídeos que preparou Nicole, a nos profesora auxiliar de conversa.

Unha proposta para facer IOGA coa súa prima Roxie.

https://www.youtube.com/watch?v=xjhmvJQI0fk

E aquí unha proposta para facer unha HAMBURGUESA co seu irmán Marc.

https://youtu.be/sJ6HjisREGk

Aproveitamos para mandarlle un saúdo e unha aperta moi forte dende Rianxo.

Apertas Nicole Sorriso Beso

 

DIA DO LIBRO

 

FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO NA CASA, CUNHA  PRECIOSA HISTORIA

DUN CONTO TITULADO "EL ÁRBOL DE LOS RECUERDOS",

QUE NOS CONTOU A PROFE MARÍA (XA XUBILADA)

E MONTOU A PROFE SOL, DE CRUCEIRO.

TAMÉN VIMOS UN VIDEO DE SAN JORGE E O DRAGÓN 

E ESCOTAMOS OUTROS  POEMIÑAS 

DE AUTORES COMO MANUEL MARÍA....

   

   

   

Educación Primaria

2.  EDUCACIÓN PRIMARIA

Criterios de avaliación

2.1.  No terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso, reforzo  e  afondarase  nas  aprendizaxes  xa  traballadas  nos  dous  primeiros trimestres do curso, fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de estudo.


2.2.  Os  centros  educativos  flexibilizarán  e  adaptarán  os  criterios  de  avaliación previstos  para  cada  curso,  identificando  e  valorando  especialmente  as aprendizaxes  máis  relevantes  e  imprescindibles  para  a  continuidade  do proceso educativo, o reforzo  e a consolidación  das aprendizaxes realizadas nos dous primeiros trimestres do curso. Estes criterios de avaliación, que terán carácter  diagnóstico  e  formativo,  permitirán  as  adaptacións  necesarias  das programacións  didácticas  do  seguinte  curso  2020-2021,  para  incorporar aqueles  obxectivos,  contidos  e  aprendizaxes  que,  polas  circunstancias especiais do terceiro trimestre, non fosen abordados.

Procedementos de avaliación

2.3.  Os procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas realizadas  durante  o  terceiro  trimestre  do  curso  2019-2020.  Non  obstante, daráselle prioridade á  avaliación, atendendo ao seu carácter continuo e global, diagnóstico e formativo,  a  partir  das  avaliacións  anteriores e  as  actividades desenvolvidas durante este período, sempre que iso favoreza ao alumno ou á alumna.  En  ningún  caso,  o  alumnado  poderá  verse  prexudicado  polas dificultades  derivadas  do  cambio  de  metodoloxía  a  distancia  do  terceiro trimestre.


 2.4.  Os centros poderán realizar  actividades de avaliación do terceiro trimestre, que terán en todo caso carácter diagnóstico, polo mesmo mecanismo co que cada centro  viñese  comunicándose  co  seu  alumnado  no  desenvolvemento  do proceso de ensino e aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial.


Criterios de promoción


2.5.  Flexibilizaranse de maneira excepcional durante o curso 2019-2020, os criterios de  promoción en todos  os  cursos  de  Educación  Primaria,  sen ter  en  conta limitacións  que  afecten  ao  número  de  áreas  pendentes.  A  avaliación  do alumnado terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas. A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional.


2.6.  A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias, adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou grupais,  orientadas  a  responder  ás  necesidades  educativas  concretas  dos alumnos  e  das  alumnas  e  á  consecución  dos  resultados  de  aprendizaxe vinculados  ás  aprendizaxes  imprescindibles,  que  a  situación  excepcional  do curso 2019-2020 lles dificultase adquirir.


 2.7.  O  informe  individual  será  de  especial  relevancia  no  caso  dos  alumnos  e alumnas que cursasen sexto curso de Educación Primaria e que accederán á etapa  de  Educación  Secundaria  Obrigatoria.  Terá  carácter  informativo  e orientador, detallando aquelas aprendizaxes imprescindibles non adquiridas a causa das circunstancias do terceiro trimestre, e que deberán ser obxecto de tratamento durante o próximo curso escolar 2020-2021

Educación Infantil

1.  EDUCACIÓN INFANTIL


 1.1.  En  Educación  Infantil  a  avaliación  forma  parte  inseparable  do  proceso educativo,  e  será  global,  continua  e  formativa.  Debe  servir  para  detectar  e valorar  os  procesos  de  desenvolvemento  do  alumnado  e  analizar  os  seus progresos e dificultades, así como as súas aprendizaxes.


1.2.  No contexto actual, ademais da necesaria coordinación entre os profesionais, resulta imprescindible reforzar a fluidez da comunicación cos pais, nais e titores legais dos alumnos e alumnas como partícipes directos no proceso de ensino aprendizaxe dos seus fillos e fillas.


1.3.  Os criterios de avaliación nesta etapa flexibilizaranse atendendo especialmente ao  desenvolvemento  evolutivo  do  alumno  ou  alumna  e  á  consecución  dos obxectivos  da etapa. A  continuidade  do  proceso  de  promoción á  Educación Primaria  non  poderá  verse  prexudicada  pola  situación  de  actividade  non presencial, en ningún caso, agás para o alumnado con necesidades educativas especiais para o que se considere moi conveniente a permanencia un ano máis nesta etapa, sempre previo informe do departamento de orientación e o acordo dos proxenitores.


1.4.  O informe individualizado do alumno ou alumna terá en conta especialmente o seu progreso ou atraso, en especial no último curso da etapa coa finalidade de adaptar a súa actividade ao inicio do curso 2020/2021 na ensinanza primaria.

Instruccións provisionais da Consellería de Educación 17 de Abril 2020

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020
A Consellería de Educación tentará, sempre que a situación sanitaria o permita, que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa aprendizaxe.
1. Principio fundamental
Todas as decisións da Administración educativa estarán suxeitas ás recomendacións sanitarias e velarán pola adopción das medidas recomendadas polos responsables de dita área.
2. Continuidade do calendario escolar
As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020, sempre condicionadas polo situación sanitaria, non se estenderán más alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020.
3. Adaptación da actividade
Integraranse as actividades a distancia e as presenciais que puideran levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria. A tal efecto, os centros educativos:
   - Prestarán especial atención a identificar ao alumnado desconectado por diversas circunstancias
   - Farán un especial esforzo para identificar ao alumnado que carece de medios de conexión
   - Os centros educativos adaptarán o modelo de titorías á nova situación
   - Os centros educativos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na medida do posible a axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas especiais,
   - Os Departamentos de Orientación continuarán co desenvolvemento das actuacións, medidas e programas para a atención á diversidade establecidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade
4. Currículo e programacións didácticas
Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
Os centros educativos reforzarán a imprescindible coordinación do profesorado á hora de adaptar as programacións, as actividades e os criterios de avaliación, co fin de evitar problemas como a sobrecarga de tarefas
5. Avaliación
Os centros e o profesorado adaptarán o sistema de avaliación do alumnado, co obxectivo prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e poidan continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira especial a situación do alumnado máis vulnerable.
6. Apoio aos centros educativos
Os centros contarán cos recursos formativos e medios de apoio que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon a súa disposición para permitir que o profesorado desenvolva o seu labor docente nas mellores condicións posibles na situación actual.

Enlace ao texto completo

Distribuir contido