Educación Infantil
1. EDUCACIÓN INFANTIL
1.1. En Educación Infantil a avaliación forma parte inseparable do proceso educativo, e será global, continua e formativa. Debe servir para detectar e valorar os procesos de desenvolvemento do alumnado e analizar os seus progresos e dificultades, así como as súas aprendizaxes.
1.2. No contexto actual, ademais da necesaria coordinación entre os profesionais, resulta imprescindible reforzar a fluidez da comunicación cos pais, nais e titores legais dos alumnos e alumnas como partícipes directos no proceso de ensino aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
1.3. Os criterios de avaliación nesta etapa flexibilizaranse atendendo especialmente ao desenvolvemento evolutivo do alumno ou alumna e á consecución dos obxectivos da etapa. A continuidade do proceso de promoción á Educación Primaria non poderá verse prexudicada pola situación de actividade non presencial, en ningún caso, agás para o alumnado con necesidades educativas especiais para o que se considere moi conveniente a permanencia un ano máis nesta etapa, sempre previo informe do departamento de orientación e o acordo dos proxenitores.
1.4. O informe individualizado do alumno ou alumna terá en conta especialmente o seu progreso ou atraso, en especial no último curso da etapa coa finalidade de adaptar a súa actividade ao inicio do curso 2020/2021 na ensinanza primaria.
- APIs de Blogue