2019-2020

Organizador curso

Contacontos na Biblioteca de Daniel

Hoxe, martes 22 de outubro, comezamos as sesións de contacontos na Biblioteca de Daniel.

Laura, unha mamá da Escola de Capela contaranos a historia de PelosTortos e a súa Figueira

Agardámoste hoxe  ás 5 da tarde na Biblioteca de Daniel na sede do C.R.A. de Rianxo, na Atalaia en Asados.

 

Presentación do Proxecto de Internacionalización do C.R.A. de Rianxo

Os nosos compañeiros Baltasar e Pablo, presentaron o Proxecto de Internacionalización do C.R.A. de Rianxo, dentro das Xornadas de Internacionalización Educativa organizadas polo CAFI.

Estas xornadas ás que asistiron profesores e profesoras  de centros públicos de todas as etapas educativas da Comunidade Galega clebráronse o sábado 19 de outbro en Santiago e alí expúseronse diversas experiencias de internacionalización que se levan adiante en centros públicos galegos.

Club de Ciencia Nautilus

Mércores 23 de outubro pola tarde comezamos de novo as actividades do Club de Ciencia Nautilus.

Non esquezades anotarvos. Entregade a solicitude de inscripción antes de martes 22 de outubro á vosa profesora ou profesor.

Agardámosvos

23 DE OUTUBRO XA COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DE CLUB

SEMANA DO CLIMA

PARA COMEZAR BEN O NOVO CURSO A  NOSA ANPA CONTOUNOS A LENDA DO COLIBRÍ.
CON ELA SOUBEMOS QUE CADA QUEN, GRANDE OU PEQUENO, FORTE OU DÉBIL, PODE FACER O SEU TRABALLO PARA COIDAR DO PLANETA TERRA E DO SEU CLIMA.
NÓS SOMOS TAMÉN COLIBRÍS,  CON ACREDITACIÓN DE COIDADORES E COIDADORAS  DO NOSO MUNDO! 

   
     
     
     

E COA ANPA MANIFESTAMOS TAMÉN O NOSO COMPROMISO PUBLICAMENTE

Programación Xeral Anual 2019-20

Podes acceder aos contidos da Programación Xeral Anual do curso 2019-20, pulsando no seguinte enlace:

PXA 2019-20

Podes acceder como convidado/a

Distribuir contido