2019-2020
Festival de Nadal
Chega unha vez mais o Festival de Nadal
Xoves 19 de Decembro no Auditorio de Rianxo
De antemán agradecemos a todo o profesorado, ás familias,
a ANPA todo o esforzo que estades a realizar
para que o festival sexa un momento de ledicia e de ilusión
- APIs de Blogue
Experimentamos co aire, tamén co lume.
Hoxe María trouxo cousas para facer experimentos. Globos, tubos de ensaio, pipetas, productos de limpeza ...
- APIs de Blogue
Club de ciencia. Experimentamos con robots móbiles
O mércores 3 de decembro seguimos experimentando cos robots móbiles. Aprendemos mais sobre programación de móbiles.
- APIs de Blogue
A FERMENTACIÓN
DESPOIS DE FACER O ZUME DE UVA,
DEIXÁMOLO REPOUSAR E OBSERVAMOS
QUE FORMABA BURBULLAS:
ESTABA FERMENTANDO .
PARA ENTENDER COMO SE PRODUCE A FERMENTACIÓN
FIXEMOS ESTE EXPERIMENTO
DISOLVEMOS AZÚCRE E LEVADURA EN AUGA QUENTE .
AS LEVADURAS (QUE SON UNS MICROORGANISMOS)
REACCIONAN COS AZÚCARES E PRODUCEN UN GAS (DIÓXIDO DE CARBONO)
ESTE GAS OCUPA UN ESPACIO
QUE AO NON CABER NA BOTELLA
INFLA O GLOBO.
O MESMO OCURRE COS AZÚCARES DAS UVAS
CANDO RECCIONAN COAS LEVADURAS PRESENTES NA SÚA PEL.
- APIs de Blogue
A VENDIMIA
A VENDIMIA
HUGO TROUXONOS UVAS DA VENDIMIA DA SÚA CASA.
TRABALLAMOS OS SENTIDOS :
TOCÁMOLAS, ARRECENDÉMOLAS, OBSERVÁMOLAS,
E SABOREÁMOLAS.
DESPOIS ESMAGÁMOLAS PARA OBTER O ZUME
E PESÁMOLO ANTES DE BEBELO..
E DEIXAMOS UN POUCO PARA VER COMO FERMENTABA.
- APIs de Blogue
Sesión de contacontos e música "A sopa mais grande do mundo"
Hoxe no lugar de ir ás escolas teremos sesión de contacontos, musica e talleres de alimentos na sede do C.R.A. de Rianxo, en Asados
- APIs de Blogue
- Calendario
Sesión de bibliotea e música
A xornada de hoxe pasamola na sede do C.R.A.. Tivemos varios talleres de alimentos
Unha sesión de contacontos "A sopa máis grande do mundo" e unha sesión de música.
- APIs de Blogue
Clube de Ciencia. Comezamos a programar
Nesta xornada traballamos co noso robot de mobil. Xa sabemos como se monta
Xa sabemos como construilo para que se mova, témos que poñerlle un motorciño electrico e unhas pilas
Hoxe aprendimos a programalo.
Podemos decirlle que avance a unha forza 12 durante 10 segundos
Podemos decirlle que pare, que acenda unha luz de cor.
Todo elo dende un ordenador
No ordenador escribimos con pictos un programa que transmitimos ao robot por medio dunha transmisión USB.
En fin, increible e emocionante, aí quedan algunhas imaxes.
- APIs de Blogue
Xornada de Biblioteca na Sede do C.R.A. en Asados
Hoxe na sede do C.R.A. de Rianxo, en Asados, tivo lugar a sesión de Biblioteca que facemos todos os trimestres.
Nesta ocasión as actividades da sesión tiveron relación co tema do curso, "A gastronomía"
Ao seu arredor xiraron as actividades e talleres.
Aquí quedan algunhas imaxes da xornada
- APIs de Blogue
Reunion ANPA
Mércores 27 de novembro, celebrouse na sede do C.R.A. de Rianxo a Asemblea Ordinaria da ANPA, correspondente ao 1º trimestre do curso escolar.
Na reunión a Xunta Directiva da ANPA, expuso os obxectivos xerais da ANPA e os obxectivos específicos para o presente curso 2019-20. Entre os obxectivos a traballar destacan o mantemento das actividades complementarias, como oferta formativa e educativa que complementa a oferta do propio centro. No presente curso destaca como novedade a actividade de música que se realiza en colaboración coa Escola de Música de Rianxo. Continuarán as actividades de Piscina e de Ingles. Tamén continuará a participación da ANPA na Rede Cultural da Deputación así como coas federacións de ANPAS, de ámbito comarcal e provincial.
Por outra parte continuará a colaboración estreita co centro nas actividades complementarias e en todas as actuacións nas que a súa colaboración sexa útil para a mellora do traballo educativo do centro.
A presidenta da ANPA, Dª Aurora Rodríguez Rey, insiste na vontade de manter o esforzo de mellora da calidade educativa, e chama a atención á necesidade de apoiar o traballo do Xunta Directiva coa incorporación de mais persoas á directiva da ANPA.
As intervencións das familias asistentes apoiaron o traballo da Xunta Directiva, expresaron a vontade de na medida das súas posibilidades colaborar cos traballos da ANPA.
En Rianxo a 28 de novembro de 2019
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »