Reunion ANPA

 

 

Mércores 27 de novembro, celebrouse na sede do C.R.A. de Rianxo a Asemblea Ordinaria da ANPA, correspondente ao 1º trimestre do curso escolar.

Na reunión a Xunta Directiva da ANPA, expuso os obxectivos xerais da ANPA e os obxectivos específicos para o presente curso 2019-20. Entre os obxectivos a traballar destacan o mantemento das actividades complementarias, como oferta formativa e educativa que complementa a oferta do propio centro. No presente curso destaca como novedade a actividade de música que se realiza en colaboración coa Escola de Música de Rianxo. Continuarán as actividades de Piscina e de Ingles. Tamén continuará a participación da ANPA na Rede Cultural da Deputación así como coas federacións de ANPAS, de ámbito comarcal e provincial.

Por outra parte continuará a colaboración estreita co centro nas actividades complementarias e en todas as actuacións nas que a súa colaboración sexa útil para a mellora do traballo educativo do centro.

A presidenta da ANPA, Dª Aurora Rodríguez Rey, insiste na vontade de manter o esforzo de mellora da calidade educativa, e chama a atención á necesidade de apoiar o traballo do Xunta Directiva coa incorporación de mais persoas á directiva da ANPA.

As intervencións das familias asistentes apoiaron o traballo da Xunta Directiva, expresaron a vontade de na medida das súas posibilidades colaborar cos traballos da ANPA.

En Rianxo a 28 de novembro de 2019