MEDIDAS PROVISIONAIS A ADOPTAR POLO C.R.A. DE RIANXO EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID - 19
O equipo directivo e o profesorado do C.R.A. de Rianxo solidarízase a fai seus todos os esforzos que as familias, nais e pais, nenas e nenos e avoas e avos estamos a facer para conter o contaxio do Coronavirus.
Sumámonos as peticións das autoridades de colaborar de xeito responsable neste esforzo de contención do Covid-19 quedándonos na casa e saír solo para realizar o indispensable e urxente.
Solidarízamonos e facemos nosa a grave preocupación das persoas e familias que por mor desta situación están a ver gravemente afectada a súa forma de vida e de sustento económico. Apoiamos e pedimos que as administracións teñan en conta estas situacións e axuden as familias e persoas que nestes momentos non poden desenvolver o seu medio de vida.
Pedimos aos nosos alumnos e alumnas que se sumen de xeito responsable e solidario ao esforzo de toda a sociedade para conter esta alarma sanitaria provocada polo Covid-19.
E a pesares do peche necesario das instalacións escolares e a pesares da separación que esta situación nos impón cos nosos alumnos e alumnas imos utilizar esta web e os medios tecnolóxicos ao noso dispor para comunicar con vos e darvos ánimos e se é posible algún momento de lecer. Desexamos ser útiles e aportar o noso esforzo para que este confinamento que todos realizamos sexa mais breve e levadeiro posible.
En Rianxo a 16 de Marzo de 2020
ENLACE ÁS PREVISIÓNS ORGANIZATIVAS PARA ESTE PERIODO DE ALARMA SANITARIA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
medidas_provisionais_coronavirus_02.pdf | 35.84 KB |
- APIs de Blogue