ÐÍA Internacional da Muller

Rozalen "La Puerta Violeta"
 

Selección de marzo

Chegou marzo e con el ...

Conmemoramos o Día de Rosalía

ADXUDICACIÓN DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024 (FONDOLIBROS)

Todas as solicitudes presentadas no centro de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar foron admitidas.

Poderanse recoller os vales na sede do CRA de Rianxo no seguinte horario:

Martes 4 xullo de 10:00-13:00 h

Mércores 5 de xullo de 10:00-13:00 h

Aquelas familias que non poidan acudir neste horario que se poñan en contacto co centro.

 

Listaxe de libros de texto 2023-2024

Proceso de formalización de matrícula para o vindeiro curso 2023-2024

O vindeiro martes 20 de xuño iníciase o proceso de formalización de matrícula para todo o alumnado de novo ingreso que foi admitido no noso centro.

 

Prazo de presentación:

 

Do 20 ao 30 de xuño de 2023 na sede do centro en Atalaia- Asados.

 

Horario: martes 20 de xuño de 9:00 h- 9:45 h e de 12:15-14:00 h

 

              do 22 ao 30 de xuño de luns a venres laborais de 10:00 h- 13:30 h

 

Deberedes presentar debidamente cumprimentado o ANEXO III-1 Documento de formalización de matrícula educación infantil e primaria.

 

Na sede do CRA en Asados temos dispoñibles copias impresas do ANEXO III -1 para quen as precise, tamén podedes descargalo no seguinte enlace:

 

 

Modelo de solicitude

 

 

*Rogamos que vos poñades en contacto co centro antes de vir recoller ou entregar o impreso para asegurarvos de que a sede esté aberta. Durante o mércores 21 de xuño permanecerá pechada xa que todo o profesorado estará repartido polas distintas escolas para a celebración de fin de curso.

 

 

 

Teféfonos de contacto: 981 86 33 05  //  629 65 05 23

 

 

 

Un saúdo, ante calquera dúbida estamos a vosa disposición

 

O Equipo Directivo do centro.

 

 

 

 

 

Adxunto Tamaño
anexoiii_1_infantil_primaria.pdf 427.8 KB

DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

O día 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Estas últimas semanas, a partir do conto Ada, 
magnífica científica
, unha rapaza curiosa e observadora, realizamos actividades científicas, en relación co proxecto de centro

“Monte Vivo”. Grazas á axuda doutros mestres do CRA, compañeiros doutros colexios e familias, amosámoslles referencias de persoas que
gozan da ciencia, do contacto coa natureza, da súa observación, da curiosidade, do traballo en equipo, de mulleres que nos
rodean que son científicas. O propósito da creación destes espazos de participación foi estimular o pensamento científico a través do xogo, a curiosidade e
así tratar de reducir a fenda de xénero nas áreas da ciencia e tecnoloxía. Lembremos que os disfraces, os xoguetes, os debuxos, as películas, os libros que regalamos, a ausencia de científicas nos libros
de texto, incluso os comentarios que facemos, suman e fan que moitas nenas xa non se visualicen en carreiras que se consideran
difíciles. Sabemos que as nenas e os nenos somos iguais, que podemos facer o mesmo, que somos marabillosos e que xuntos formamos
un equipo. Todos podemos ser o que queiramos, e no CRA sabémolo ben!

Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria. Curso 2023-2024.

 

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B).

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 20 de maio de 2022 ao 21 de xuño de 2023.

 

Solicitudes: deberemos presentar na sede do CRA en Asados debidamente cumprimentados o Anexo I e o Anexo II.

 

As solicitudes presentaranse no centro onde o alumno/a estea matriculado no vindeiro curso 2022-2023. Os nenos/as que marchan este ano deberana entregar nos centros receptores.

Téfefonos centros receptores  A.D.R. CASTELAO: 881 86 68 61

                                            C.E.P BREA SEGADE: 881 86 70 46

 

Horario de presentación das solicitudes na sede do CRA de Rianxo (Asados):

Luns: 9:15- 9:45 e de 12:30 a 14:00 h.

Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Mércores: de 10:00 a 10:45 h.

Xoves: de 09:00 a 13:00 h.

Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal

                                                                                                                                        

Modalidade de presentación de solicitudes:

  • Por vía electrónica:

              Mediante a aplicación informática "fondolibros"

  • Por vía presencial, no centro:

              Enlace ao documento: Anexo I e Anexo II

              Dispoñeremos de solicitudes impresas dos Anexos I e II na sede do CRA por si algunha familia tivera dificultades para descargalos da web. Distribuiremos copias 

              das solicitudes polas escolas por si alguén as necesita, comunicádevos c@s titor@s d@s vos@s fill@s.

 

 

 

Entroido na Escola de Cruceiro! Moitas GRAZAS!

Música "A Vaca Marela" - Pelo Gato 24
Distribuir contido