Semana do Libro

Conmemoramos a Semana do Libro con actividades e xogos como contacontos coas familias, elaboración de marcapaxinas, os nosos contos favoritos...

Xornada de Polideportivo e Actividade "Ti si que es un bo peixe"

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hoxe tivemos unha xornada moi bonita. Os nenos e nenas de todas as escolas fomos en autobús ata Rianxo. Alí o profe Mario preparounos uns xogos moi divertidos no polideportivo e Roque con Uxía explicáronnos moitas cousas sobre os peixes e os mariscos.
 

PROXECTO "AS ABELLAS"

Este segundo trimestre investigamos acerca duns insectos moi interesantes, as abellas.

Aproveitando o remate do inverno e comezo da primavera, e o feito de que o noso traxe de Entroido foi de abelliñas, presentamos o tema.

As nosas familias están a colaborar moito. Investigan, elaboran xogos, veñen a falarnos delas e ata nos trouxeron unha colmea e regaláronnos mel.

Ademais, na visita que fixemos ao IES Félix Muriel, en Rianxo, axudamos ás abellas na súa tarefa polinizadora, neste caso, elaborando "bombas de sementes" que lanzamos no seu terreo.

Estudamos e clasificamos as plantas melíferas, as favoritas das abellas e non nos esquecemos da parte artística. Así, coñecemos cadros nos que as abellas son o centro e fixemos a nosa propia versión deles.

No vídeo podedes ver parte do traballo que estamos a realizar.

 

Deporte e Saúde <---

Preme arriba para ler máis.

O próximo 6 de abril conmemórase o ...

Xornada de Convivencia co IES Félix Muriel

Aquí vos deixamos unhas fotiños da marabillosa xornada de convivencia co IES Félix Muriel.

Moitísimas GRAZAS!

DIA DO CÓMIC

Para conmemorar o día do cómic, engadimos unha boa variedade deles á nosa biblioteca, tanto os máis pequechos como o alumnado de Primaria poderán disfrutar de divertidas historietas e aventuras. Atoparédelos na nosa sección de novidades.

Últimas adquisicións: O corpo humano e a Vida e a Morte

Clicka no título para ler máis

Distribuir contido