Día mundial do medioambiente

Que mellor forma de conmemorar o día mundial do medioambiente que facendo unha ruta pola zona da Ermida e coñecendo da man de Emilio a flora e a fauna da beira do río Te. Aprendemos moitas cousas das sobreiras, ameneiros, madreselva, bagoas de San Xoán, cortadeiras, ras, zapateiros, ...

Aproveitando a saída visítamos o muíño da Veiga, propiedade da familia de Martín Pan aos que lle agradecemos as explicacións e a super merendola que nos prepararon.

Moitas grazas!

 

Revista Escolar Curso 2022-2023

Clica na imaxe para ver o contido.

LETRAS GALEGAS 2023 EN RIANXO

 

Pincha na imaxe para ver a noticia. 

XORNADA COA USC

Hoxe algunhas das escolas desplazáronse a Campo Maneiro para realizar varias actividades guiadas por monitores da USC.

  • Paseo para recoñecer árbores, plantas e escoitar o canto dos paxaros.
  • Contacontos "Paxaro Amarelo" de Olga de  Dios.
  • Obradoiro para elaborar casiñas para paxaros.
  • ...

 

Xornada de Convivencia

Hoxe os nenos e nenas das escolas de Outeiro e Capela foron a Campo Maneiro onde tiveron uns guías moi especiales, un grupo de alumnos e alumnas do CEP Brea Segade.

Unha vez alí fixeron unha roda de presentación, tiveron a oportunidade de ler algún conto como o de Xaime e as landras, recolleron elementos naturais para facer un mandala (Land Art), merendaron observaron experimentaron, escoitaron ... a flora , fauna e outros elementos da contorna, Selene e Manuel da escola de Capela explicaronlles aos compañeiros e compañeiras moitas cousas sobre a resina e a casca da sobreira. Posteriormente merendaron e fixeron unha ruta guiada coa axuda da profe Cova e dun grupo de alumnos e alumnas do CEP Brea Segade onde lles explicaron moitas cousas sobre os castiñeiros, sobreiras, cabras, abellas, burros...

Foi unha xornada marabillosa!

Días sen clases

Ahí ven o Maio, maiño, maiolo...

Os  nenos e nenas da escola de Cruceiro festexaron a Festa dos Maios facendo participe á veciñanza da mesma, coñecendo a orixe desta tradición, cantando, xogando, lendo contos...

  

Distribuir contido