XORNADA "INTERNACIONALIZA A TÚA ESCOLA"
O noso centro participou nesta xornada a través de dúas mestras que compartiron as súas experiencias.
- APIs de Blogue
DÍA INTERNACIONAL CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO DE 2022
SEMPRE VIVAS!!!
- APIs de Blogue
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA:20 DE NOVEMBRO DE 2022
- APIs de Blogue
NUNCA MÁIS
HAI 20 ANOS MANUEL AÍNDA NON NACERA.
PERO JOSE, O SEU PAI, SI.
JOSE, DAQUELA UN NOVÍSIMO MARIÑEIRO, SAÍU DURANTE VARIAS XORNADAS AO MAR A TENTAR FREAR A ENTRADA
Á RÍA DA AROUSA DA INMENSA MAREA DE CHAPAPOTE NEGRO QUE SAÍA DO PRESTIGE.
COMA EL, OUTROS PAIS E NAIS, AVÓS E AVOAS, VECIÑAS E VECIÑOS BOTÁRONSE AO MAR, AOS PEIRAOS, ÁS PRAIS E ÁS RÚAS HAI AGORA 20 ANOS.
GRAZAS A ELES E ELAS SOUBEMOS DUNHA GRANDE CATÁSTROFE MEDIOAMBIENTAL QUE SUFRIMOS
PERO TAMÉN DO GRANDE VALOR E A DETERMINACIÓN DA NOSA XENTE.
E CON ELES APRENDIMOS TAMÉN A DICIR: NUNCA MÁIS!
- APIs de Blogue
20 ANOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE
Hoxe coñecemos o que sucedeu o día 13 de novembro do ano 2002, fai vinte anos: o afundimento do petroleiro Prestige. Unha catástrofe ecolóxica que movilizou a toda unha marea branca, solidaria, para limpar o noso mar.
Fixemos un mural cun mar cheo de petróleo:
Pobres peixiños do mar:
Nin sardiñas nin xurelos,
nin gaivotas nin cormoráns,
todos negros, todos negros,
todos negros...
¡NUNCA MÁIS!
Os nenos dicimos...
PRESTIGE navegando, NON
Petróleo no noso mar, NON
Contaminación na costa, NON
Animais mortos, NON
Xente sen traballo, NON
Mariñeiros tristes, NON
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »