Benvido Outono!

A nosa ANPA agasallounos ás diferentes escolas cunhas bandexas Tuff Tray, que vos parece as nosas propostas?

DÍA SEN CLASE

Bo día, mañá venres 16 de setembro de 2022 non haberá clase ao ser festivo local en Rianxo. Que pasedes unhas boas festas e vémonos o luns de volta no cole..

Un saúdo.

NORMAS DO NOSO CENTRO

Aquí vos deixamos un pequeno resumo das normas presentes no noso centro así  como os proxectos de innovación nos que estamos participando. (clica na imaxe)

BEIRAMAR

CON EMILIO, AMIGO QUE CURSO A CURSO ALIMENTA O NOSO AMOR POLA NATUREZA,
PERCORRIMOS A BEIRAMAR CAMIÑO DA PRAIA DA TORRE.

SOUBEMOS DOS NOMES DAS PRAIAS, ROCHAS E CAMIÑOS E SAUDAMOS A HABITANTES DA TERRA E DO MAR.

Inicio do Curso 22/23

Queridas familias, xa estamos de volta coas enerxías renovadas desexando compartir novas aventuras e ilusións neste novo curso que acabamos de iniciar. 

TRÁMITES E CONSULTAS URXENTES EN AGOSTO

Seguimos de vacacións de verán; mais ás veces xorden trámites ou consultas urxentes que non poden agardar. Se isto acontece chámanos ao 629650523 para intentar amañar. 

Horario: de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas.

Se non vémonos á volta do verán en setembro.

Un saúdo

O equipo directivo

SABOR A MAR

DESPOIS DE TEREN FEITO O SEU TRABALLO, OS PAIS DE MANUEL DEIXAN AS SÚAS CAPTURAS NA LONXA.
A PARTIR DESE MOMENTO COMEZA A QUENDA DE TRABALLO DA AVOA. 

CO SEU VEHÍCULO ACHEGA Á PORTA DA VECIÑANZA PESCADAS, CHOPOS, RAIAS, FANECAS ...

 DO MAR DA AROUSA Á LONXA. DA LONXA AO NOSO PRATO. MANXARES CON SABOR A MAR

Distribuir contido