MONTE VIVO
MATEO, O IRMÁN DE MARTÍN (E.),
FALOULLES ÁS NOSAS FAMILIAS DO TRABALLO QUE ESTÁ A FACER NO INSTITUTO SOBRE O COÑECEMENTO E COIDADO DO MONTE.
MONTE VIVO, CHAMOULLE.
AS FAMILIAS FIXERON ROTEIROS AO MONTE E AXUDÁRNONOS A VER A SÚA VIDA E A SÚA FERMOSURA.
MONTE VIVO, CHAMÁRONLLE.
NA ESCOLA COMEZAMOS A OLLAR CARA O MONTE E A SABER DEL: AUGA, AIRE, TERRA, PLANTAS, ANIMAIS, FUNGOS... .
MONTE VIVO !!, DIXEMOS
- APIs de Blogue
SER ÁRBORE
" UN DÍA QUIXERA SER ÁRBORE
PARA SENTIR A TERRA E O SEU ECO,
VIVIR SEN LEMBRANZAS, SEN ESQUECEMENTO
XUNTO A UN RÍO XENEROSO
QUE ME FALASE CON AUGA CRISTALINA
DOS SEGREDOS DO TEMPO,
RAÍCES DE CEO,
FOLLAS CON ÁS DE NUBE,
SEMPRE Á CHOIVA ESPERTO,
REPLETO DE NIÑOS DE VIDA CHEOS,
AMIGO DO SOL PODEROSO,
CÓMPLICE DO VENTO VIAXEIRO."
PACO VALIENTE
(traducido por S.B.)
- APIs de Blogue
SALVAMOS ÁRBORES
ESTE CURSO PODEMOS SECAR AS MANS CON TOALLAS.
CADA QUEN NA SÚA.
NON SEMELLA UNHA NOVA DE MOITA IMPORTANCIA... PERO SE SODES CURIOSAS E CURIOSOS DESCUBRIREDES DE QUE ESTÁ FEITO O PAPEL.
CANDO O SOUBEMOS NÓS QUEDAMOS PAMPOS!!
E SOUBEMOS TAMÉN QUE ESTABAMOS A CONVERTERNOS EN COIDADORES DE ÁRBORES!!!
COAS NOSAS TOALLAS SALVAMOS ÁRBORES.
- APIs de Blogue
DÍA DA HISPANIDADE
O mércores 12 de outubro de 2022 non haberá clase ao ser festivo nacional. Un saúdo.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »