DÍA MUNDIAL DA AUGA: 22 DE MARZO 2022

PRESERVEMOS ESTE RECURSO NATURAL!!!

Congreso Internacional de Innovación e Tecnoloxía en Educación Infantil (CITEI)

 

O noso centro vai participar no CITEI organizado pola Universidade de Sevilla os días 30,31 de marzo e 1 de abril a través dun simposio coordinado pola Univesidade de Santiago: EXPERIENCIAS DE APRENDIZAXE EN CONTEXTOS DIVERSOS E TIC EN EDUCACION INFANTIL.

As nosas contribucións van a ser as seguintes.

  • "Escuela Rosalía de Castro: El compromiso de la comunidad con su escuela". Sol Beiroa Troiteiro e Elisa Iglesias Framil.
  • "El Plan Digital de Centro en Galicia. Normativa, diseño, elaboración e implementación". María Varela Abuín.

Enlace: http://citei.us.es/

 

 

   

 

BENVIDA PRIMAVERA!

ARAO

ARAO COMÚN ( URIA AALGE)

VIVE NO MAR, PRETO DA COSTA. CRÍA EN ROCHAS E CANTÍS COSTEIROS.
A FEMIA PON 1 OVO ENRIBA DAS PEDRAS E FEMIA E MACHO CHÓCANO ENTRE AS PERNAS. 
CANDO A CRÍA TEN 14 DÍAS DE VIDA LÁNZASE AO MAR DENDE O ALTO DO CANTÍL. ALÍ PASA 40 DÍAS APRENDENDO A MERGULLARSE ANTES DE APRENDER A VOAR.
ALIMÉNTASE DE PEIXES PEQUENOS COMO A SARDIÑA, O BOCARTE OU A FANECA.
LONXITUDE: 38 CM.
ENVERGADURA: 64 CM.

ESTÁ REXISTRADA NO CATÁLOGO DE AVES AMEAZADAS COMO AVE EN PERIGO CRÍTICO.
ATA HAI 50 ANOS CRIABAN NA COSTA E NAS ILLAS DE GALICIA MÁIS DE 1000 PARELLAS DE ARAO. NA ACTUALIDADE CRESE QUE CRÍAN MENOS DE 10 PARELLAS NAS ILLAS SISARGAS E NO CABO VILÁN.
PERIGOS: REDES DE PESCA. CONTAMINACIÓN

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

365 DÍAS DE IGUALDADE

SEMANA DA PRENSA

PÍLLARA DAS DUNAS

PÍLLARA DAS DUNAS ( CHARADRIUS ALEXANDRINUS).

 VIVE NAS PRAIAS E DUNAS.
A FEMIA PON 3 OVOS ENRIBA DA AREA. CANDO AS CRÍAS NACEN XA CAMIÑAN E BUSCAN A SÚA COMIDA PERO OS PAIS HAN DE ATENDELAS DURANTE UNS 25 DÍAS, MENTRES NON APRENDER A VOAR.
ALIMÉNTASE DE:
PEQUENOS CRUSTÁCES (COMO AS PULGAS DE MAR), VERMES (COMO O CAGÓN DAS PRAIAS) E MOLUSCOS (COMO OS BIVALBOS)

ESTÁ REXISTRADA NO CATÁLOGO DE AVES AMEAZADAS COMO AVE VULNERABLE.
EN 2014 APROBOUSE UN PLAN PARA ASEGURAR A SÚA CONSERVACIÓN E ACADAR UNHA POBOACIÓN MÍNIMA DE 250 PARELLAS REPRODUTORAS DURANTE, CANDO MENOS 5 ANOS SEGUIDOS. EN 2020 CONTÁRONSE APENAS 84 PARELLAS DE PÍLLARA DAS DUNAS EN TODA GALICIA.
PERIGOS:
TURISMO MASIVO, LIMPEZA DE PRAIAS CON MÁQUINAS, CONSTRUCIÓN NA BEIRAMAR, CANS SOLTOS E OUTROS ANIMAIS

Fotografías das píllaras de Amancio Losada recollidas en "Paxarada do mar de Arousa Norte"

 

Distribuir contido