PROCESO DE ADMISIÓN 2022-2023: ADMITIDOS

Dende o centro informamos que tod@s @s nen@s que presentaron solicitude de Admisión no CRA de Rianxo para o vindeiro curso 2022-2023, están tod@s admitid@s.

Ao longo do mes de xuño informaremos do proceso de formalización de matrícula e terá lugar unha reunión informativa para ás familias de novo ingreso.

O Equipo Directivo

Semana do Libro

Rematamos a Semana do Libro facendo actividades tan marabillosas como esta que fixeron os  nenos e nenas da escola de Cruceiro (5 anos). Unha vez lido o conto de "LUME" aprendemos un pouco máis a como xestionar os enfados. Como somos maiores para identificar e xestionar o mellor posible esta emoción tamén foron maiores para empregar instrumentos de adultos como os mistos.

 

VII XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA RURAL

https://stellae.usc.es/index.php/gl/8-actualidad/1488-vii-xornadas-de-innovacion-educativa-rural

Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da USC, da que forma parte Jesús Rodríguez Rodríguez (membro do equipo Stellae) presenta as VII Xornadas de Innovación Educativa Rural  que terán lugar o 19 de abril do 2022 nunha xornada de mañá e tarde, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)

Unhas xornadas que inclúen no seu programa proxectos, metodoloxías e recursos que xiran sobre a dinamización do rural como o  proxecto de especialización aulas multigrao cra de rianxo (coa participación do orientador do centro e o mestre de educación física); a  presentación do libro e experiencia: Cabreiros, 15 anos de Dinamización Comunitaria. Olladas e recursos interxeracionais no rural; ou a presentación e estrea do documental: O Empalme. Unha historia rural colectiva.

 

 

 

PROXECTO SOLIDARIO NA ESCOLA DE CAPELA

Aproveitando a Xornada no Polideportivo de Rianxo e a visita ao Museo do Mar os nenos e nenas da Escola de Capela xunto coas mestras fixeron a donación dos cartos recaudados a través  do proxecto solidario no que estuvieron trabajando. Así  pois os nenos e nenas decidiron destinar 400€ para a Palma a través  do Cabildo Insular da Palma e 205€ a os nenos e nenas de Ucrania a través de Cruz Vermella e Save the Children.

AMOR DE AUGA

AMOR DE AUGA LIXEIRA...

COS VERSOS DE ÁLVARO CUNQUEIRO E A MÚSICA DE AMANCIO PRADA A PROFE MARÍA CONVIDOUNOS A CELEBRAR O DÍA DA POESÍA E O DÍA DA AUGA

AMOR DE AUGA TARDEIRA...

CON MÚSICA E POESÍA A PROFE MARÍA ANIMOUNOS A COÑECER A AUGA E SABER DAS SÚAS PROPIEDADES.

 AMOR DE AUGA FLORIDA...

CON POESÍA E MÚSICA FIXÉMONOS COIDADORES E COIDADORAS DA AUGA.

 AMOR DE AUGA PERDIDA... 

MIÑA AMIGA!!

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Distribuir contido