Os nenos-as de 1º e 2º tiveron un xogo moi divertido de " Almorzos saudables ", separados por cursos, tiñan que traballar en equipo para recoñecer os alimentos en saudables e non tan saudables.
Aquí tedes o enlace á actividade.
Os nenos-as de 1º e 2º tiveron un xogo moi divertido de " Almorzos saudables ", separados por cursos, tiñan que traballar en equipo para recoñecer os alimentos en saudables e non tan saudables.
Aquí tedes o enlace á actividade.
Tralo éxito teatral acadado no festival de Nadal o alumnado de 5º de Primaria iniciou a súa xira o 24 de xaneiro do 2023. Para iso tivemos que trasladar o decorado e todo o vestiario da compañía ata o centro de día. Alí o marabilloso elenco repetiu a súa aclamada obra “Conto de Nadal” de Charles Dickens. Foi todo un éxito!
Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de compartir anécdotas e experiencias co público que se amosou moi agradecido pola visita e moi interesado por coñecer todo sobre a compañía teatral formada polo alumnado de 5º. Dende logo o arranque da xira non deixou indiferente a ninguén.
Os nenos e nenas de Primaria desexámoslles un Bo Nadal a todos os compañeiros e compañeiras, ás familias, ao profesorado e demais persoas que traballan no cole, decorando as portas das aulas.
Como xa sabedes, este curso continuamos co programa MUSE. Na entrada do colexio poderedes ver un mural informativo sobre este programa así como a nosa aportación para a convocatoria VIOLÍNS POLA PAZ.
Agardamos que vos guste.
https://fundacionyehudimenuhin.org/yehudi_menuhin/violines-por-la-paz-2016/
https://fundacionyehudimenuhin.org/
Hoxe, o alumnado de 3⁰ de EP rematamos o proxecto de Ciencias Sociais sobre o curso do río.
Aquí tedes o enlace ao vídeo da actividade e á carpeta das fotos
Despois da visita ao CPI, o aumnado de sexto inicia correspondencia cos usuarios do Centro de Día.
Aí van as cartas con experiencias, anécdotas persoais, algún debuxiño e moitos bos desexos.
Agardamos que as reciban con agrado e que nos respondan, a ser posible, en breve!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |