Actividades

SAÍDA A VALGA

Os pasados días 7 e 14 de decembro o alumnado de primaria visitou o Concello de Valga para asistir a actividades moi interesantes: o Belén que montan todos os anos e as súas instalacións e os mecanismos, Radio Valga onde poideron grabar felicitacións de Nadal e escoitalas no momento e o Museo onde realizaron diversos obradoiros e visionado dunha proxección.

Coma sempre facemos galerías de fotos. Picade no ENLACE para acceder a elas.

OFTALMOLOXÍA

Hoxe tivemos connosco a Manuel Parafita Mato, profesor titular de oftalmoloxía, que visitou o noso CPI para falarnos sobre saúde visual na infancia.

Ademáis de falarnos sobre a estructura do ollo, tanto interna como externa, falounos sobre problemas de visión e deunos moitos consellos e trucos para manter unha boa saúde visual.

Velaquí o temos en distintos momentos da charla, na que tamén tivemos ocasión de formular preguntas para resolver as nosas dúbidas e  facer diferentes experiencias...

Probade a pechar os ollos e intentar xuntar dous dedos das mans...

 

 

 

 

Un dos consellos que nos deu é que practiquemos actividades ao aire libre, que implica a visión de lonxe e a visión periférica, intentando sempre estar pendente e ser consciente do que ocorre ao noso arredor. Non é isto o que vos digo eu sempre?

Correde e xogade moito por fóra!!

Por certo... hoxe, 13 de decembro, celébrase o día de Santa Lucía, patrona dos oftalmólogos. Moi oportuna esta visita.

Non esquezades visitar o oftalmólogo polo menos unha vez ao ano!!!

 Aquí temos o grupo de 4º, 5º e 6º co doutor Parafita.

 Moitas grazas pola información e polos consellos!!!

 

 

HÁBITOS SAUDABLES

Na clase de 2° propuxemos un diálogo sobre o importante que é para a nosa saúde levar unha dieta equilibrada e facer exercicio físico diario.
Como actividade complementaria elaboramos entre todos o "prato do bo comedor". Nesta actividade ilústrase a agrupación dos alimentos, así como a súa porcentaxe diaria necesaria.

 

OUTONO en 1º de PRIMARIA

O alumnado de 1º realizou unhas preciosas actividades sobre o outono.
Que mellor forma de traballar o outono que degustando e facendo a nosa propia cesta de outono con froitas carnosas e secas de temporada .

Pica no ENLACE e poderás ver as fotos

CELEBRACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA

Así vivimos os nenos de 1º o 25 de novembro día da non violencia, colaborando cos maiores a poñer o muro das desigualdades un pouco máis bonito coas nosas palabras contra a violencia

No ENLACE podedes ver as fotos.

Tamén participaron alumnos e alumnas do resto dos cursos. Aquí tedes unha foto de 6º

PISCINA E MUSEOS

O alumnado de primaria realizou, o xoves día 10 de novembro, unha saída didáctica organizada polo departamento de Educación Física que consistiu nunha actividade na piscina de Rianxo que non só contou con baño e actividade física (creo que algún/a moveu moito o esqueleto nas clases de Zumba) senon con visita ás instalacións da piscina. Os monitores/as foron encantadores polo que damos as grazas de corazón. Está previsto que veñan ao centro facer recreos saudables para este mesmo alumnado.

Aproveitando que estaban nesta preciosa vila visitaron tamén a Aula Activa, o Museo do Mar e a casa de manuel Antonio.

No ENLACE tedes unha pequena galería de fotos epicando en PRIMARIA accededes á páxina do cole onde tedes máis información sobre a actividade.

O MEL EN 1º

 

Os nenos e nenas de primeiro somos moi golosos, por eso estivemos probando mel caseira e coñecendo como se extrae das colmenas. Foi unha actividade moi interesante e moi larpeira!!!

         

NOVO ALUMNADO NO COLE

Con estas cariñas de asustados comezamos este curso cheo de novedades, novo colexio, novos amigos e ata nova profesora!!

             

PITUSA SEMIFUSA

O día 3 de novembro os alumnos de 1º e 2º de primaria desfrutaron dun divertido concerto en Santiago de Compostela: "Pitusa Semifusa e as familias de instrumentos".

Nos enlaces tedes o acceso ás galerías de foto:   ENLACE1

ENLACE2

 

Powered by Drupal - Design by artinet